♀️♂️ Actos con motivo do #25N “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

BARREIROS CELEBRARÁ OS ACTOS POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O 23 DESTE MES. OS PARTICIPANTES CREARÁN UN MURAL E CHAPAS E TERÁ LUGAR A LECTURA DUN MANIFESTO. Barreiros, 17 de novembro de 2018. O Concello de Barreiros organiza unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o día 25 de novembro. As actividades, programadas polo departamento de Servizos Sociais, celebraranse o vindeiro venres 23, de novembro, na praza das vivendas sociais de San Cosme. Se a climatoloxía non o permitise desenrolaríanse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O programa dará comezo ás 10:30 horas coa creación dun mural e chapas contra a violencia de xénero. Ás 12:00 horas darase lectura a un manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Ademais o luns, 26 de novembro, farase entrega dos premios do IV Certame de Debuxo “Di Non á Violencia”. O acto terá lugar no centro sociocultural de San Cosme ás 19:00 horas. Participan o CEIP San Cosme de Barreiros e o CEIP San Miguel de Reinante.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *