Séptima etapa de peregrinación a Santiago

300516 Foto peregrinacion SantiagoDesde Ribadiso (Arzúa) ata Santa Irene (Pedrouzo) discorreu a sétima etapa da peregrinación a Santiago, a través do Camiño Primitivo, que está a realizar un grupo de medio cento de barreirenses. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “este fin de semana recorremos 20 quilómetros, con previsións meteorolóxicas de treboadas, pero afortunadamente case non nos choveu. Camiñamos a carón de moitos peregrinos, nótase que estamos xa preto de Compostela”. O edil popular engadiu que “só nos quedan dúas etapas. Cada vez estamos máis unidos e con moita ilusión de chegar a Santiago”.