@S NEN@S DE BARREIROS DISFRUTARÁN MAÑÁ, MARTES, DUNHA ABORDAXE PIRATA PARA DESPEDIR O CURSO 2014/2015

@S NEN@S DE BARREIROS DISFRUTARÁN MAÑÁ, MARTES, DUNHA ABORDAXE PIRATA PARA DESPEDIR O CURSO 2014/2015.

Barreiros, 15 de xuño de 2015. Os nenos e as nenas de educación infantil e primaria dos centros de ensino de Barreiros celebrarán mañá, 16 de xuño, a festa de fin de curso cun Abordaxe pirata. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura e pola Omix, que explican que “@s nen@s serán auténticos piratas, a través de xogos interactivos e cancións ambientadas nas historias de piratas e corsarios”.

A Abordaxe pirata dará comezo ás 11:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.