Romeria popular Santo Estevo do Ermo

RomeriaSantoEstevo

ESTE SÁBADO, 4 DE XULLO, CELÉBRASE A ROMERÍA POPULAR DE SANTO ESTEVO DO ERMO. GÓMEZ PUENTE ANIMA A ASISTIR A ESTA TRADICIONAL CITA NUNHA PARAXE QUE “É NATUREZA PURA”.

Barreiros, 2 de xullo de 2015. Este sábado, 4 de xullo, terá lugar en a Romería Popular de Santo Estevo do Ermo.

Segundo explica o tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, “un ano máis achégase a Romería de Santo Estevo do Ermo e desde o Concello queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Barreiros e de toda A Mariña a participar nesta cita. Teremos rutas a pé, misa e procesión, sesión vermú, xogos infantís, torneo de tute e actuación musical”.

Gómez Puente engade que “a paraxe de Santo Estevo do Ermo é natureza pura e cun grande encanto, que o converte nun lugar idóneo para relaxarse e empaparse da súa maxia. E non poden faltar, como en toda romería que se prece, a costume de xantar en familia e entre amigos ao aire libre”.

A Romería Popular de Santo Estevo do Ermo está organizada polos veciños de Barreiros e polo Concello.