Preto dunha veintena de alumn@s asistiron na Aula CeMIT do Concello de Barreiros ao curso Administración electrónica e identidade dixital

230115 Foto clausura curso BarreirosPreto dunha veintena de alumn@s asistiron na Aula CeMIT do Concello de Barreiros ao curso Administración electrónica e identidade dixital, que tivo lugar durante o mes de xaneiro. Segundo explica o axente TIC, Manuel Pérez, “este curso enmarcouse dentro do plan de formación Faite Dixital, que a Xunta de Galicia a través de Amtega puxo en marcha por setembro do 2014. En Barreiros participaron 18 alumnos/as, que aprenderon a solicitar e manexar o certificado dixital, a realizar trámites electrónicos seguros coa administración e a coñecer as súas vantaxes”. O curso foi clarusurado na xornada de onte, xoves.