
Na xornada de hoxe recibimos a visita do presidente da Deputación, que coñeceu a casa do Concello e supervisou algunhas das obras realizadas pola institución provincial en Barreiros.

Ademais de visitar a estrada aglomerada de San Cosme á Insua e a estrada do monte, realizada polo equipo de rego da Deputación, achegouse ao cruce de Fontela; onde desembocan as estradas provinciais que baixan desde Benquerencia e que serán arranxadas nos vindeiros meses.

A alcaldesa agradeceulle a visita institucional, así como o apoio recibido da Deputación para acometer investimentos e realizar actuacións de interese xeral para a veciñanza.
