Cerca de 40 barreirenses realizaron o pasado sábado a sexta etapa da súa peregirnación a Santiago de Compostela

Cerca de 40 barreirenses realizaron o pasado sábado a sexta etapa da súa peregirnación a Santiago de Compostela. Foron 20 quilómetros, os comprendidos entre Casanova (Palas de Rei) e Ribadiso (Arzúa). Entre a expedición atopábase Alejandra, unha nena de 9 anos que completou por primeira vez esa distancia. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “gozamos dun día espléndido e sen percances no camiño. Xa só nos quedan 41,5 quilómetros para chegar a Santiago”. E o alcalde, Alfonso Fuente, dixo: “quero poñer outro autocar na última etapa de catro quilómetros, que discorrerá entre o Monte do Gozo e a Catedral, para que os veciños e veciñas de Barreiros que o desexen poidan acompañar nesa xornada aos nosos peregrinos”.
Antes aínda quedan uns quilómetros de camiño por diante. O vindeiro sábado os participantes nesta peregrinación por etapas, que están a realizar nas fins de semana, farán o treito comprendido entre Ribadiso (Arzúa) e Santa Irene (Pedrouzo). Está organizada polo Concello de Barreiros. La imagen puede contener: una o varias personas, árbol, exterior y naturaleza

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *