Archivo de la categoría: Playas
O CONCELLO DE BARREIROS ESTUDA AS CONSECUENCIAS DA NEGATIVA DE PARTE DO PERSOAL DE SOCORRISMO A CUMPRIR AS CONDICIÓNS LEGAIS DE TRABALLO E AS ORDES DA COORDINACIÓN
O CONCELLO DE BARREIROS ESTUDA AS CONSECUENCIAS DA NEGATIVA DE PARTE DO PERSOAL DE SOCORRISMO A CUMPRIR AS CONDICIÓNS LEGAIS DE TRABALLO E AS ORDES DA COORDINACIÓN.
A coordinación do servizo e o equipo de goberno consideran prioritario a cobertura de determinados areais que parte do persoal se nega a cubrir.
Barreiros, 18 de xullo de 2019. O Concello de Barreiros estuda as consecuencias da actuación de parte do persoal de socorrismo que se negou a cumprir as indicacións do coordinador, deixando a praia de Coto sen cobertura.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, explica que “ao inicio da tempada propúxose que o propio persoal organizase o cuadrante, ao considerar que a profesionalidade e o seu coñecemento podería facilitar esta cuestión, amosando unha clara confianza cara as persoas que ocupan ditos postos. A realidade é que o cuadrante que se elaborou tomando como referencia anos anteriores incumpría a legalidade no relativo ao tempo de descanso e realización de horas extras, polo que tivo que ser modificado a posteriori.”
Partindo de non deixar areais con unha soa persoa, que o propio persoal marcou como liña vermella (pese a que o primeiro dos cuadrantes elaborado por eles mesmos non cumpría esa premisa) elaborouse un cuadrante no que se cubrían algunhas praias, entre elas a de Coto só en fins de semana. “A raíz do rescate que se levou a cabo o domingo pasado, onde foi fundamental a participación do persoal que estaba en Coto, e tendo en conta a extensión, perigosidade e afluencia desa praia, desde o goberno, con asesoramento do coordinador, optouse por asignar dúas persoas que estaban noutro areal a Coto.”
Esta indicación foi trasladada ás persoas interesadas polo coordinador e tamén pola propia alcaldesa, negándose a cumprila e deixando desatendida a praia de Coto, producíndose unha clara situación de indisciplina e desobediencia no traballo que, ademais, está afectando á prestación do servizo.
O goberno do PP non afrontaba as súas obrigas e cedía sistematicamente a calquera petición, sen analizar as consecuencias de seguridade, legalidade e económicas.
Desde o goberno municipal aseguran que esta situación vén dada pola falta de planificación anterior e porque non existía en tempadas anteriores un organigrama claro, á vista de que a organización se realizaba polo propio persoal, mesmo incumprindo a legalidade laboral.
En tempadas anteriores a organización do servizo non atendía a criterios do goberno, senón que se coordinaba desde o servizo, producíndose claras situacións de ilegalidade e de despilfarro económico.
O goberno que presidiu Alfonso Fuente dedicouse exclusivamente a asinar nóminas de miles de euros (algunhas próximas aos 3.000 euros líquidos mensuais) para evitar afrontar as súas responsabilidades. “Polo tanto, que non veña agora a dar leccións de nada, porque a situación actual é consecuencia da súa falta de xestión e da súa incapacidade para gobernar; xa que este traballo tiña que quedar organizado de antes. Porque el tivo coñecemento da redución da subvención da Xunta mentres era alcalde e non moveu un dedo para defender os intereses de Barreiros nin para tentar salvar a situación. ”
“Vir agora a erixirse en portavoz do persoal de socorrismo cando mentres gobernou nin se dignaba a reunirse con eles, di moito do tipo de político e de gobernante que foi e é.”, conclúe Ana Ermida.
La alcaldesa de Barreiros atribuye al recorte de la Xunta la falta de socorristas
Los socorristas rescataron a seis personas en tres arenales de Barreiros
Un bañista en apuros por las corrientes en la playa de Remior
Los ajustes de jornada provocan que dos playas más de Barreiros queden sin socorristas
Evacuado un lucense tras sufrir un shock anafiláctico en Barreiros
Praias sen fume en Barreiros
Todo en calma en la playa de Benquerencia
Todo en calma en la playa de Benquerencia, aunque nublado pero no hace nada de frio, estupendo para pasear e incluso para los más valientes un chapuzón.
No os lo perdáis, está estupendo.
Ya son las cuatro de la tarde y el tiempo cambio totalmente hace calor y Sol