Baños das Carolas

carolas 2014 (1)

El sol anima a prolongar los baños de mar «das Carolas»

La temperatura volvió a rondar ayer los treinta grados

Frente a la moda de la talasoterapia y los balnearios, Barreiros va a apostar por reivindicar la vieja tradición (también de Foz) de los baños de mar en septiembre, los conocidos como baños de As Carolas. Surgió a propuesta del BNG y en esta ocasión se ha encontrado con dos inesperados aliados: que la posibilidad de colmarse de salud dándose un baño en el Cantábrico es gratis y que el sol lució espléndido durante buena parte del mes. Finalizado septiembre, octubre ha comenzado con jornadas calurosas, con el termómetro por encima de los treinta grados. Y surge la pregunta, ¿por qué no prolongar los baños durante este mes?

Jesús Seivane, propietario del Café Bar Moderno, que durante las últimas semanas tuvo una oferta especial para sus clientes para darse los nueve baños de yodo de septiembre, con rutas turísticas incluidas, razona la posibilidad: «Falouse dos baños das Carolas durante todo o mes, o BNG levou o asunto ao pleno e agora vanse promocionar. O obxectivo está cumprido. É bo para Barreiros, pero tamén para A Mariña. E se agora segue a facer bo tempo, ¿por que non animar á xente a que veña aquí a tomar os baños?».

De la eficacia de esta tradición que se remonta a mediados del siglo pasado abundan los testimonios. Es gente hoy ya entrada en años que recuerda cómo siendo joven acudía a Barreiros a tomar los baños, tras estar todo el verano trabajando. Muchos lo hacían por prescripción médica. Seivane cita varios casos, con nombres y apellidos: «Era xente humilde, traballadora», recuerda.

«Todo é gratis, e sen a cantidade de xente que hai no verán. O ideal é, como se facía antes, tomar as augas de ferro de santo Estevo pola mañá, pola tarde ir a bañarse a calquera das praias de Barreiros, porque en todas pega forte o mar, e xantar ben e descansar. Así nove días, para encherse de saúde. ¡Si iso fai mal! Penso que é bo para calquera. Antes tamén ían a tomar as augas na fonte de san Bartolo, a pé da praia, que tamén eran medicinais, pero que se perdeu, e que entre todos debíamos loitar porque se recuperase», concluyó Suso Seivane.

La tradición comenzó a fraguarse tras la posguerra, cuando gente humilde de diversas zonas de Lugo acudía a Barreiros a recuperarse y cargar de salud tras un verano de trabajo en el campo. Acabaron por llamarles las Carolinas, o Carolas, pero no despectivamente, sino como un apelativo cariñoso, por la acepción de carolo como trozo de pan. Foz y Barreiros era el destino. Frente a la pregunta localista: ¿qué aguas son mejores?, surge otra: ¿acaso importa?

A polos baños das Carolas

As praias de Barreiros e Foz atraen en setembro a moitos bañistas polas propiedades benéficas das súas augas, con alto contido de iodo

Setembro é tempo dos baños, probablemente dos máis populares de todo o verán, os máis enraizados cando menos na nosa tradición. Na Mariña luguesa Barreiros e Foz principalmente atraen aínda hoxe a moitos bañistas estes días de setembro polas propiedades das augas, con moito iodo. De antigo chamábanlles «os baños das Carolas». Onte chamamos ao bar Moderno, en Barreiros, onde publicitan estes días unha oferta especial para darse os nove baños de setembro, baños de iodo, con rutas turísticas incluídas. Xusto no momento centraba a tertulia do bar este mesmo tema, «os baños das Carolas».

Así que se puxo ao teléfono Jesús Otero Pérez, bo coñecedor desta tradición, que nos deu a explicación: «Naqueles tempos difíciles da posguerra había xente, moita xente humilde, de diversas zonas de Lugo, que despois de facer as labores propias do campo, viña dar os nove baños de setembro. Aquí acabaron chamándolles as Carolinas ou Carolas pero de xeito cariñoso, para nada despectivo porque eran moi ben recibidos e moi queridos. Toda aquela xente marcou unha época despois da guerra. Viñan, claro, polas propiedades destas augas.

Iban tamén a tomar as augas de San Esteban, e ao San Bartolo, onde había unha fonte de ferro. Era, como digo, xente moi humilde, traballadora, que se achegaban ata aquí para tomar eses baños mediciñais para eles».

Comían ben e saían novos

Vanse alternando ao teléfono os contertulios. Suso, do bar Moderno, é tamén concluínte: «Era xente moi traballadora e, claro, viñan tomar aquí os baños, descansaban, comían ben e saían novos e quen non. Pero é certo que marcaron todo unha época ata hoxe, que aínda se mantén esa tradición porque sigue vindo moita xente aínda a tomar os baños de setembro polo iodo da auga».

O iodo da auga. Aquí tocamos agora un tema espiñento. Cais son as mellores augas, as de Foz ou as de Barreiros ou ambas as dúas por igual. «Home, imos ver -abonda Suso-, é mellor onde máis bate o mar porque ten máis iodo e onde máis bate o mar é en San Bartolo, porque é onde máis bate o mar, pero non é perigoso, para nada». Chega un momento en que xa saca ata peito: «Mira, sabes o máis bonito que ten Foz: a vista desde Barreiros». Logo razoa: «O que pasa é que en Foz souberon promocionar mellor que nós isto dos baños de setembro e fixeron deles un reclamo turístico, pero as augas de Barreiros teñen máis iodo porque, simplemente, é onde máis bate o mar. Foz dalle máis promoción e fan ben, nós deberíamos facer o mesmo».

O certo é que tanto Foz como Barreiros foron dende antigo dúas localidades con sona nos baños de setembro dende o tempo das Carolas, xente traballadora, xente humilde. Hoxe chega moita xente de fóra, turistas (a maioría, xente maior), que optan por esta costa para tomar os baños, nove, dez, os que sexan, polo iodo, polas propiedades benéficas que se atribúen ao iodo. Moitos mariñanos aproveitan e gustan tamén destas augas.