As praias de Altar e Arealonga son dous focos de polémicas para Barreiros

Aos conflitos de bañistas e kitesurfistas súmanse os problemas coas depuradoras
Riachuelo de residuos fecales en Arealonga, en Barreiros. CARMEN SOUTO

Riachuelo de residuos fecales en Arealonga, en Barreiros. CARMEN SOUTO

As praias de Altar e Arealonga están a ser este verán dous focos de problemas para o Concello de Barreiros. En Altar a presenza de practicantes de kitesurf segue creando polémica logo de que en días pasados unha muller que se bañaba resultara ferida tras un incidente con unha persoa que practicaba este deporte. Por outra banda, o BNG chamou a atención sobre o mal funcionamento das depuradoras, sinalando os residuos que se verten a Arealonga.

No caso de Altar, na praia barreirense hai opinións contrapostas entre os bañistas que acoden á praia. Por un lado están aqueles que apostan por permitir a práctica deste deporte e doutro, quen pide que se regule de forma máis estricta a súa presenza, para evitar posibles problemas entre os bañistas e as persoas que practican kitesurf na praia barreirense de Altar.

Depuradora: O BNG critica o colapso que sofre

A portavoz do BNG en Barreiros, Ana Ermida sinalou que as depuradoras do Concello se encontran “desbordadas”.

A portavoz nacionalista sinalou que ademáis dos problemas na depuradora de Arealonga, “dos que advertimos hai semanas” agora “falta depuración en San Cosme e San Miguel”. Ermida sinalou o caso de San Cosme, sinalando que “é unha depuradora nova que non debera ter problemas, pero a incapacidade na xestión fai que non funcione ao cen por cen”.

Deixadez 

A portavoz do BNG, Ana Ermida sinalou que “a falta de previsión está levando ao Concello ao caos”.