A Xunta de Goberno aproba a achega de 175.000 euros para a mellora da rede de abastecemento de auga potábel de Barreiros

A Xunta de Goberno aproba a achega de 175.000 euros para a mellora da rede de abastecemento de auga potábel de Barreiros

23-10-20

 Lugo, 23 de outubro de 2020. A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar as obras de mellora de máis de 2 quilómetros na rede de abastecemento de auga potábel da parroquia de San Cosme, en Barreiros.

As obras contan cun orzamento total de 217.000 euros, dos que a área de Medio Rural achegará 175.000 e o concello asume os 42.000 restantes.

A Deputada da área, Mónica Freire, explicou que “uns servizos públicos de calidade son imprescindíbeis para mellorar as condicións das veciñas e veciños do rural, por iso colaboramos cos concellos para mellorar as súas infraestruturas”

As obras consistirán na instalación dun colector primario transversal, que discorrerá ao longo de máis de 2 quilómetros ao carón da CP-0611, subministrando auga aos núcleos de Remior e San Bartolo. Ademais, aproveitando a execución da zanxa principal, levarase a cabo unha pequena rede secundaria paralela ao colector principal que dará servizo a sete vivendas.