A PRAZA DO SOUTO ACOLLE ESTE SÁBADO, 9 DE XULLO, DOUS ESPECTÁCULOS DENTRO DO PROGRAMA VIVE O CAMIÑO, DA XUNTA

A PRAZA DO SOUTO ACOLLE ESTE SÁBADO, 9 DE XULLO, DOUS ESPECTÁCULOS DENTRO DO PROGRAMA VIVE O CAMIÑO, DA XUNTA.

Captura de pantalla (89)Barreiros, 9 de xullo de 2016. A praza do Souto, en San Miguel de Reinante, acollerá este sábado, 9 de xullo, a partir das oito da tarde dous espectáculos dentro do programa Vive o Camiño, da Xunta de Galicia.

O grupo Cantata Vernácula con Cantata e Isla Letriska con Letriska Inmobile deleitarán aos asistentes a esta cita.

Desde o Concello animan a acudir á praza do Souto esta fin de semana para presenciar estas actuacións enmarcadas no Vive o Camiño. A programación que percorre os concellos polos que atravesa o Camiño Norte inclúen teatro, maxia, música, novo circo, contacontos e monicreques.