O 3 DE OUTUBRO DARÁN COMEZO EN BARREIROS OS CURSOS DE MANUALIDADES, QUE ORGANIZA O CONCELLO.
Barreiros, 21 de setembro de 2016. O vindeiro 3 de outubro darán comezo os cursos de manualidades, que organiza o Concello barreirense a través do departamento de Servizos Sociais.
Os cursos impartiranse os luns e os venres de 15:30 a 19:30 horas no canteiro en San Pedro. Os mércores de 15:30 a 19:30 horas no local social de San Xusto e os xoves no mesmo horario, de tres e media a sete e media da tarde, nas escolas en Celeiro de Mariñaos.
Segundo sinalan desde Servizos Sociais “para asistir non é necesario inscribirse previamente, chega con acercarse ao lugar no que se imparten os días sinalados”.
CURSOS DE MANUALIDADES
Nova tempada de Cursos de Manualidades
Lugares impartición e horarios:
• luns e venres de 15:30 a 19:30 no Canteiro en San Pedro.
• mércores de 15:30 a 19:30 en San Xusto no local social.
• xoves de 15:30 a 19:30 nas escolas en Celeiro de Mariñaos
Comezo: 03/10/2016. Inscrición nos propios cursos.