Archivo de la categoría: Manualidades

Talleres para la Tercera Edad en Barreiros

Talleres para la Tercera Edad en Barreiros

Comenzarán el próximo lunes 22

.
PEPA LOSADA

A partir del lunes 22 Talleres que «consisten en traballar con distinto material para previr enfermidades como o alzheimer e outras que poden xurdir sobre todo na xente maior e ao mesmo tempo aproveitar para estar xuntos un día á semana, charlar, verse e contar as súas cousas» comenzarán organizados por el departamento de Servizos Sociais del Concello de Barreiros el próximo lunes 22. Están dirigidos a mayores de 65 años, jubilados mayores de 60 o personas con discapacidad pero idóneas para participar. «Sempre tiveron boa participación e esperamos que este ano tamén sexa así», señala el alcalde barreirense, Alfonso Fuente, quien anima a anotarse. Deben hacerlo en el ayuntamiento o acudir en el horario marcado para la actividad en el lugar correspondiente.

Estos serán: lunes de 16.00 a 17.30 en el Centro Social de San Cosme y de 18.00 a 19.30 en el CEIP de San Miguel de Reinante; los jueves de 16.00 a 17.30 horas en el local del campo de la fiesta de Vilamar.

O VINDEIRO LUNS, 17 DE OUTUBRO, DARÁN COMEZO OS TALLERES E ACTIVIDADES LÚDICAS PARA A TERCEIRA IDADE, QUE ORGANIZA O CONCELLO BARREIRENSE

O VINDEIRO LUNS, 17 DE OUTUBRO, DARÁN COMEZO OS TALLERES E ACTIVIDADES LÚDICAS PARA A TERCEIRA IDADE, QUE ORGANIZA O CONCELLO BARREIRENSE.

Barreiros, 11 de outubro de 2016. O vindeiro luns, 17 de outubro, darán comezo os talleres e actividades lúdicas para a terceira idade, que organiza o Concello de Barreiros. Desenvolveranse no centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro de luns a xoves de 16 a 18 horas.

Segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais “están destinados a maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 ou persoas con discapacidade (que se consideren idóneas para participar na actividade) do Concello de Barreiros. Nestes talleres realizaranse actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo) e potenciando as relacións entre os seus iguais e os veciños de Barreiros”.

As persoas interesadas en asistir, para anotarse ou para conseguir máis información pode acudir no horario da actividade ao centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro.

 

Cursos de Manualidades

O 3 DE OUTUBRO DARÁN COMEZO EN BARREIROS OS CURSOS DE MANUALIDADES, QUE ORGANIZA O CONCELLO.

Barreiros, 21 de setembro de 2016. O vindeiro 3 de outubro darán comezo os cursos de manualidades, que organiza o Concello barreirense a través do departamento de Servizos Sociais.

Os cursos impartiranse os luns e os venres de 15:30 a 19:30 horas no canteiro en San Pedro. Os mércores de 15:30 a 19:30 horas no local social de San Xusto e os xoves no mesmo horario, de tres e media a sete e media da tarde, nas escolas en Celeiro de Mariñaos.

Segundo sinalan desde Servizos Sociais “para asistir non é necesario inscribirse previamente, chega con acercarse ao lugar no que se imparten os días sinalados”.

CURSOS DE MANUALIDADES

Nova tempada de Cursos de Manualidades

Lugares impartición e horarios:
• luns e venres de 15:30 a 19:30 no Canteiro en San Pedro.
• mércores de 15:30 a 19:30 en San Xusto no local social.
• xoves de 15:30 a 19:30 nas escolas en Celeiro de Mariñaos

Comezo: 03/10/2016. Inscrición nos propios cursos.

OBRADOIROS E ACTIVIDADES LÚDICAS DIRIXIDOS ÁS PERSOAS MAIORES DO MUNICIPIO.

O CONCELLO INICIA O 19 DESTE MES OS OBRADOIROS E ACTIVIDADES LÚDICAS DIRIXIDOS ÁS PERSOAS MAIORES DO MUNICIPIO.Talleres e actividades lúdicas para a terceira idade

Barreiros, 7 de outubro de 2015. O Concello de Barreiros, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza a partir do vindeiro19 de outubro os obradoiros e actividades lúdicas para a terceira idade, de luns a xoves en horario de 16 a 18 horas. As actividades realizaranse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro e van dirixidas a maiores de 65 anos, xubilados que superen os 60 ou persoas con discapacidade do municipio, que se consideren idóneas para participar nos obradoiros.

O departamento de Servizos Sociais tamén explica que “para anotarse ou para solicitar máis información é preciso acudir ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro no horario da actividade. Son talleres lúdicos con actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer as súas causas e consecuencias, así como os recursos para paliado, ademais de potenciar a relación entre os veciños”.

Cursos de manualidades en San Pedro, San Xusto e Celeiro de Mariñaos

Barreiros, 22 de setembro de 2015.- O Concello de Barreiros, a través do Departamento de Servizos Sociais, ten programado para o vindeiro mes de outubro un curso de manualidades que terás tres localizacións diferentes no municipio.

Os martes e os venres celebrarase en horario de 15:30 a 19:30 horas no Canteiro, en San Pedro; os mércores terá lugar no mesmo horario no local social de San Xusto e os xoves nas escolas de Celeiro de Mariñaos, tamén na mesma franxa horaria que os anteriores.