A AULA CEMIT ACOLLE ESTE MÉRCORES, 18 DE NOVEMBRO, UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O PLAN DE GARANTÍA XUVENIL

A AULA CEMIT ACOLLE ESTE MÉRCORES, 18 DE NOVEMBRO, UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O PLAN DE GARANTÍA XUVENIL DESTINADO A MOZOS DE ENTRE 16 E 29 ANOS

Barreiros, 17 de novembro de 2015.  A Aula CeMIT de Barreiros acolle este mércores, 18 de novembro, unha charla informativa sobre o Plan de Garantía Xuvenil, organizado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

A charla desenvolverase ás 12 horas do mediodía e vai dirixida a mozos de entre 16 e 29 anos interesados na formación e no emprego. A Aula CEMIT está situada no Teleclub, na estrada da Praia, nº 1.