4ª xornada da LNB: Ismael de Outeiro, un tapado que asoma

4ª xornada da LNB: Ismael de Outeiro, un tapado que asoma

DSC09634

16 de novembro de 2015.- O bo tempo do que vimos disfrutando nas derradeiras datas, rematou ca incertidume de donde se xogaría o “Aberto de Flores” e aínda que o venres caeron unas pingas, o sábado voltou lucir o sol e daquela puideron xuntarse os palanadores da NorLeste a carón do campo de fútbol de San Miguel para disputar a cuarta xornada da Liga regular de billarda.

Boa afluencia de xogadores ca inagardada visita de Tere do equipo Casilledín de Ribadumia (que se animou a participar con eles no aberto) e mais Aitor (este non se resistiu a probar co palán mais finalmente abstívose de xogar).

Cando a metade das carreiras iban xa aló, sorprendeunos agradabelmente Flores, que mentres agardaba que lle tocara xogar o seu grupo, fixo unha escapadiña e voltou traendo consigo un par de potas cheas de castañas asadas, ainda quentiñas que fixeron as ledicias de palanadores e siareiros. Que ben viñeron para acompañar as birras que estaban a tomar!

Isto é a billarda: xogo, deporte, competición, amizade, foliada, camaradería…

Sen présa pero sen pausa os enfrontamentos nos seis grupos, foron sucedéndose con relativa axilidade e malia que no prado se comenzada a notar a humidade da nacente xeada, foron quen de rematar mentres a luz do día comenzaba paseniñamente a esmorecer.

Logo das cinco carreiras regulamentarias, cinco palanadores destacaron por riba dos demáis e remataron empatados a 23 puntos, estes foron Daniel e Manolo Pozo (Billardeiros Musicais), Regueiro (Troitas Bravas) e Migho e Isma (Cruzados), que xogaron outras tres carreiras para desfacer o empate e ver quen subía o podio da xornada.
Regueiro non participou no desempate e Migho errou mais do debido co que quedou fora.

A Isma, que estivo xogando toda a tarde de forma maxistral, non lle temblou o pulso cando na segunda carreira errou Daniel e aproveitou para coller vantaxe e facerse de forma brillante co primeiro posto do aberto. Segundo foi Daniel e terceiro Manolo Pozo.

En donas a mellor foi de novo Geni (Billardeiros Musicais), seguida de Paula (Cruzados), Bea (Troitas Bravas) e Lola Eiras (Extensión billarda.)

Por equipos, dominaron a xornada os Billardeiros Musicais.

Artísticas pedras da Praia de Reinante, rotuladas por expertas mans e acompañadas cada unha delas por un saqueto de castañas, foron os agasallos que os gañadores recibiron de mas do seleccionador nacional e anfitrión do aberto Manolo Flores.

Ca lembranza do poema Nouturnio de Curros Enriquez (A noite pechaba i o raio da lúa, nas tépedas cumes comeza a brilar…) liscaron do lugar ca satisfacción do deber cumprido:
Novamente a BILLARDA foi a estrela no campo das Valgas de San Miguel de Reinante!! Billarda sempre! Adiante co Varal!

A vindeira cita será o 28 de novembro en Pillarnu ou Piedras Blancas (Avilés) para a disputa da IX Copa Cantábrica fronte a potente selección astur.

As clasificacións logo desta terceira xornada quedan asi:
Individual: Regueiro 86 p., Daniel 85 p., Pepe Vidal e Pepe Outeiro 78 p., Manolo Pozo 77 p.
Donas: Geni 55 p., Bea 30 p., Lola Eiras 23 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 310 p., O Cadaval 274 p., Troitas Bravas 227 p.