Xa deron comezo as actividades dos campamentos de verán do +Concilia Barreiros!
Un instrumento xestionado directamente polo Concello para facilitar actividades para as máis pequenas e pequenos e a conciliación das familias, con actividades pensadas para o divertimento e a formación.
Nesta quenda son 50 as nenas e nenos que participan nel!
Se o tempo acompaña, haberá actividades ao aire libre. E se non, o pavillón e outras instalacións municipais acollerán xogos e actuacións para o entretemento e a formación en igualdade!
Ben seguro que familias e crianzas o disfrutarán e aproveitarán!