Os veciños interesados en realizar as fogueiras de San Xoán e San Pedro deberán comunicalo nas oficinas municipais ou chamando ó 982124002, indicarán os datos da persoa que se responsabiliza e o lugar onde se acenderá. As fogueiras desas noites (días 23 e 28 de xuño) deberán ser á noitiña, cumprindo coa tradición, e para evitar sustos deben cumprir unha serie de requisitos:
– Non deben facerse fogueiras dunha altura elevada, nin preto de lugares con vexetación ou a menos de 10 metros de tendidos eléctricos ou telefónicos.
– Non se poden facer lumeiradas preto de locais ou depósitos que conteñan materiais inflamables, nin tampouco preto de infraestruturas e elementos -públicos ou privados- que poidan verse afectados.
– Non está permitido prender a fogueira se existe un exceso de vento.
– Cómpre evitar usar nas fogueiras materiais que xeren grandes charamuscas (pólas de eucalipto con follas secas, papeis, etc…) que poden chegar acesas moi lonxe.
– É necesario ter auga preto para actuar ante posibles escapes.
– Non se permiten empregar na fogueira materias contaminantes (pneumáticos, aerosois…).
– Cómpre deixar a fogueira completamente apagada antes de marchar.
– En caso de haber algún problema hai que chamar ós teléfonos 085 ou 112 (a chamada é gratuíta).
O Concello porá en coñecemento do distrito forestal as comunicacións que se fagan.