OBNG PREGUNTARÁ NO PLENO POLO ESCRITO DOCOLEXIO DE ENFERMERÍA DE LUGO SOBRE A FALTA DE FUNCIONAMENTO DE DESFIBRILADORNAS PRAIAS DE BARREIROS

O BNG PREGUNTARÁ NO PLENO  POLO ESCRITO DO COLEXIO DE ENFERMERÍA DE LUGO SOBRE A FALTA DE FUNCIONAMENTO DE DESFIBRILADOR NAS PRAIAS DE BARREIROS

O Colexio Oficial de Enfermería enviou un escrito ao Concello de Barreiros despois de presenciar un rescate no que o desfibrilador non puido utilizarse por mal funcionamento.

O escrito, presentado finalizada a tempada de verán, foi solicitado formalmente pola formación nacionalista para coñecer o seu contido.

Barreiros, 24 de novembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego preguntará no pleno do vindeiro luns por un escrito presentado polo Colexio de Enfermería de Lugo sobre o mal funcionamento do desfibrilador do servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Barreiros durante un rescate o pasado verán.

Segundo puido coñecer o BNG, a falta de que lle sexa facilitado o escrito, o colexio profesional traslada a información achegada por unha persoa colexiada que presenciou un rescate no que o desfibrilador non puido ser utilizado, ao estar estropeado.

A portavoz municipal, Ana Ermida, asegura que “de ser certa esta información, estaríamos ante unha situación gravísima, na que o goberno municipal tería a responsabilidade de ter un servizo de salvamento e socorrismo infradotado de medios suficientes e eficaces para desenvolver a súa labor.”

A formación nacionalista sinala que “isto xa sería o despropósito absoluto, porque estaríamos falando xa non dun problema de mala xestión, senón de que se está a xogar coa vida das persoas. Esta situación vén derivada do descontrol sobre os medios existentes no concello, só hai que ver como se trata o material; pero a importancia é aínda maior polas consecuencias que pode ter”, afirma Ana Ermida.

No pleno que terá lugar o luns, 26 de novembro, ás 19:30 horas, o BNG pedirá novamente coñecer o escrito  e o expediente ao que debera ter dado lugar, e solicitará explicacións por parte do goberno municipal ante “unha situación que, sumada á imaxe que se está a dar nos últimos anos no relativo á xestión das praias, confirmaría o descontrol absoluto sobre un servizo que ten sido pedra angular no concello de Barreiros e, que ademais, estaría poñendo en risco a todas as persoas que acuden aos areais barreirenses”, conclúen.

rexistrou na mañá de hoxe unha moción no Concello de Barreiros para instar á corporación municipal a esixir, no pleno que se celebrará a finais de mes, que se adopten medidas que permitan rebaixar o recibo da luz; que vén sufrindo escandalosas subas mensualmente e que repercuten especialmente nas consumidoras e consumidores galegos.

A presentación da moción produciuse despois de que, durante pouco máis de dúas horas, recollesen máis dun cento de sinaturas de apoio ás propostas defendidas pola formación para lograr unha tarifa eléctrica galega e medidas que garantan o acceso da poboación á electricidade como un ben de primeira necesidade.

Así o defendeu a deputada nacionalista, Olalla Rodil, presente na recollida, que asegurou que “a día de hoxe a luz tense convertido nun ben de primeira necesidade, polo que non é comprensible que o IVE do recibo da luz sexa o mesmo que o do tabaco ou o alcool.”

Rodil manifestou que ademais de para as familias, as propostas do BNG terían unha importante incidencia no sector industrial e empresarial, “desde as gandeirías ata as persoas autónomas que están vendo como a factura da luz é cada vez máis alta e un dos principais gastos aos que se enfrentan mensualmente.”

Desde o BNG aseguran que unha tarifa eléctrica galega permitiría reducir o custo da enerxía arredor do  30% con respecto ao prezo actual. E cren que “nun País produtor coma Galiza, é lóxico que poidamos beneficiarnos cando menos nos nosos recibos, tendo en conta o impacto que teñen as infraestruturas produtoras de enerxía, tales como encoros ou os eólicos nos montes”, afirma a portavoz en Barreiros, Ana Ermida.

Desde a formación frontista defenden tamén a eliminación dos suplementos territoriais que se contemplan nos recibos, “xa que supoñen unha clara discriminación para Galiza”.

O BNG mantén ademais que “o lóxico sería que aquelas centrais que rematen a concesión, fundamentalmente encoros que se consturíron durante o franquismo con un importante impacto social e ecolóxico, retornen a mans públicas e se xestionen por unha empresa pública galega que socialice os beneficios da producción eléctrica en Galiza”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *