BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA QUE O CONCELLO CONVOCA PARA O 1º CERTAME FOTOGRÁFICO BARREIROS, UN MAR DE PRAIAS

BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA

1ª Edición – Certame fotográfico
“Barreiros, un mar de praias”
1.- Obxecto:
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o
outorgamento dos premios do concurso de fotografía organizado polo Concello de Barreiros,
para a promoción dos valores paisaxísticos, artísticos ou culturais deste concello. Ditas
fotografías posteriormente serán empregadas para a elaboración do calendario anual municipal.
2. Participantes.-
Poderán concorrer a este certame fotográfico todas as persoas maiores de 18 anos que o
desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos se axusten ás bases
do mesmo.
Unha mesma persoa non poderá participar con distintos pseudónimos nin se admitirán varias
solicitudes distintas do mesmo pseudónimo.
2. Temática.-
A temática do concurso será libre e entenderase pola mesma, a presentación de imaxes que
recollan a riqueza paisaxística, cultural, artística, etc.… do noso concello.
3. Características das fotografías.-
 As imaxes deberán ser necesariamente orixinais e inéditas.
 Todas as fotografías presentadas terán que estar libres de dereitos a terceiros.
 As imaxes poderán ser en color ou en branco e negro, non admitíndose a manipulación
dixital das mesmas.
 As fotografías deberán presentarse impresas en formato 10×15 e nun CD en formato de
extensión JPG e un tamaño de arquivo entre 1 e 4 MB (Megabyte) por fotografía.
 Cada participante poderá presentar hasta un máximo de catorce fotografías
 O contido das mesmas necesariamente estará relacionado co tema do concurso.
 As fotografías presentadas pasarán a ser propiedade do Concello, que se reserva todos
os dereitos sobre as mesmas e poderá utilizalas posteriormente con fins culturais,
artísticos ou publicitarios, citando sempre o nome do autor; aténdose, en todo caso, ao
que dispón a Lei de Propiedade Intelectual.
 Os participantes responden ante o concello da autoría da fotografía e asumen a plena
responsabilidade ante calquera reclamación que neste sentido podan efectuar terceiras
persoas, incluídas as derivadas dun incumprimento da lexislación sobre o honor, a
intimidade, inxurias, calumnias e dereito á imaxe ou por imaxes que se podan considerar
difamatorias ou obscenas.
 O concello non aceptará aquelas fotografías que considere que podan resultar ofensivas,
que atenten contra as normas sociais de convivencia, que non respondan a uns mínimos
criterios estéticos, que podan ferir a sensibilidade da cidadanía ou a imaxe dunha
persoa, entidade e/ou institución, que sexan de carácter político ou relixioso, que
constitúan unha apoloxía da violencia en calquera das súas manifestacións, que
promovan o consumo de drogas, tabaco e bebidas alcohólicas, as de contido racista,
xenófobo, sexista ou contrario ós valores democráticos.
 Todas aquelas fotografías que non cumpran algún dos requisitos establecidos nas
presentes Bases quedarán fóra do concurso.
4.- Forma de presentación e envío.-
Presentarase no concello de Barreiros un sobre pechado identificado unicamente co
pseudónimo e co seguinte contido:
– as fotografías impresas e co pseudónimo escrito no reverso.
– o CD e no que figurará escrito tamén o pseudónimo.
– un sobre pechado no que se incluirá un documento co contido do anexo I destas bases e
copia do DNI da persoa participante.
5.- Lugar de entrega e data de presentación.
As fotografías presentaranse preferiblemente de forma presencial no Concello de Barreiros, sito
na rúa Vila, 63, San Cosme de Barreiros (cp: 27790) inda que tamén se poderán remitir por
correo postal mediante carta certificada dirixíndoas á mesma dirección.
A data límite de presentación será o día 15 de setembro de 2018.
Para aquelas fotografías que se envíen por correo, considerarase como data de presentación a
amosada no selo de correos.
6.- Xurado.
O xurado será designado polo Concello, entre persoas competentes no arte fotográfico e/ou
artístico. O xurado resérvase o dereito de interpretación das Bases do presente concurso e de
resolución dos casos non contemplados, de acordo co seu mellor criterio.
O fallo do xurado será feito público o día 20 de setembro de 2018 e será inapelable.
Darase publicidade do fallo mediante comunicación telefónica aos participantes premiados,
publicarase na páxina web do concello e nas redes sociais. O xurado resérvase o dereito de
declarar desertos os premios que se establecen no apartado seguinte, se os traballos
presentados non reunisen, ó seu criterio, os méritos suficientes.
A mesma persoa non poderá recibir os dous premios.
7.- Premios.-
Establécense os seguintes premios:
1º Premio: 100 €
2º Premio: 50 €
A entrega de premios realizarase nun acto público o día 27 de setembro de 2018 no Centro
Sociocultural D. Manuel Díaz Sampedro ás 12 horas.
Os autores ou autoras premiados comprométense a recoller os premios no acto de entrega
citado anteriormente e onde se poderá observar unha mostra coas fotografías premiadas e
cunha selección das mellores que non resultaran gañadoras. En caso excepcional e xustificado de
non poder asistir ao acto, a persoa premiada poderá recoller o premio nas oficinas municipais
con posterioridade.
No acto farase entrega dunha tarxeta acreditativa do premio recibido.
Para recibir a contía do premio deberán presentar no concello xustificante bancario do seu
número de conta para realizar a transferencia da contía que corresponda segundo o premio.
8.- Protección de datos de carácter persoal.-
A mera participación neste Concurso implica a total aceptación das Bases Reguladoras do
mesmo, condicións, requisitos e obrigas contidas nas mesmas.
A concorrencia ao proceso implica a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao
tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación, conforme ó establecido na
normativa sobre Protección de Datos de carácter persoal.
ANEXO I (Documento a incluír en sobre pechado co CD das fotografías e con copia do DNI)
Pseudónimo:
Nome:
Apelidos:
DNI:
Domicilio:
Telefono de contacto:
MANIFESTO a miña intención de participar no Certame fotográfico “Barreiros, un mar de praias”,
organizado polo concello de Barreiros, aceptando totalmente o establecido nas bases
reguladoras do mesmo.
Data:
Firma:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *