O Concello de Barreiros organiza, un ano máis, unha peregrinación por etapas a Santiago

O Concello de Barreiros organiza, un ano máis, unha peregrinación por etapas a Santiago. Nesta edición os participantes fana a través do Camiño Norte. Son 55 os camiñantes que se dan cita os sábados rumbo a Compostela. A segunda etapa foi a que fixeron hai uns días entre Mondoñedo e Abadín e este vindeiro sábado, 11 de maio, realizarán a terceira entre Abadín e Vilalba. Coma todos os anos contan cun autocar para desprazarse ata o punto de partida de cada etapa e para a volta a casa. La imagen puede contener: 1 persona, exterior

O GRUPO AXOUXERES REPRESENTA EN BARREIROS O 12 DE MAIO A OBRA UN DIVORCIO NO POBO

O GRUPO AXOUXERES REPRESENTA EN BARREIROS O 12 DE MAIO A OBRA UN DIVORCIO NO POBO.

Barreiros, 7 de maio de 2019. O grupo de teatro Axouxeres actuará en Barreiros o domingo, 12 de maio.

Axouxeres porá en escena Un divorcio no pobo, trátase dunha obra cómico-costumbrista apta para todos os públicos.

A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:30 horas.

A representación está organizada polo Concello de Barreiros, a través da súa Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.