Asociación HOSTELERÍA DE BARREIROS

La imagen puede contener: una o varias personas, sombrero y textoAsociación HOSTELERÍA DE BARREIROS NOTA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN “DisfraBAR”, a actividade de Entroido da asociación de Hostelería de Barreiros na que se sorteará un menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Haberá unha liña de bus gratuíta durante os 3 días, con paradas en distintos puntos do municipio, para o que se conta coa colaboración do Concello de Barreiros. Un total de 7 bares pertencentes á asociación de Hostelería de Barreiros toman parte na actividade “DisfraBAR”. Trátase dunha idea novidosa na que serán os establecementos de hostalería os que estarán disfrazados durante os días 4, 5 e 6 de marzo, con temáticas de antroido cada un deles. É dicir, luns, martes e mércores. Os establecementos participantes son o Bar Centro Social, Moderno, O Asador, Lozano, A Curva, A Yenka e La Barrica, que durante estes tres días selarán unha papeleta por cada consumición realizada. Cada papeleta selada na súa totalidade nos 7 establecementos poderá entrar nun sorteo dun menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Ademais, as persoas que visiten estes locais poderán escoller o bar que máis lle gustara. O establecemento que máis votos teña será galardoado como o gañador do “DisfraBAR 2019”. Como peche, o mércores a partir das 20:00h., as comparsas barreirenses “Habelas Hainas” e “Os Macanudos” percorrerán e actuarán nestes locais, agás no Asador que como de costume o mércores pola tarde permanecerá pechado. Para facilitar a asistencia e favorecer a mobilidade segura, haberá un bus gratuíto durante os 3 días, para o cal se conta coa colaboración do Concello de Barreiros. O bus fará os seguintes horarios: – Luns, de 19h. a 24h. – Martes, de 12h. a 16h. e de 19h. a 24h. – Mércores, de 19h. a 24h. O bus fará un percorrido circular cunha frecuencia aproximada de 30 minutos. Partirá sempre do Centro de Saúde de San Cosme ás horas marcadas como hora de inicio, e continuará o percorrido parando nos seguintes lugares: O Asador, Bar Lozano, A Curva, Parada de bus de Vilamartín Grande, Parada de bus de San Miguel de Reinante (ao lado do aparcamento), A Yenka, La Barrica e de novo Centro de Saúde para volver a comezar. As persoas que desexen usar este servizo poderán subir e baixar na parada que consideren, estar nos bares participantes e agardar a que volva pasar de novo o bus para continuar a ruta no bar que escollan. O sorteo do premio terá lugar o día 8 de marzo, na praza do Concello, durante a festa do Entroido de Barreiros. As papeletas deberán depositarse nun buzón habilitado para este efecto, que estará dispoñible na zona de baile. A recollida do vale do premio deberá facerse presencialmente. No caso de non aparecer a persoa gañadora, sortearase de novo. Igualmente, no caso de que a papeleta escollida non estea selada na totalidade dos bares, esta será inválida e realizarase o sorteo de novo. O premio poderá ser desfrutado nos restaurantes A Curva, A Yenka, La Barrica ou O Asador. Consistirá nun menú de sopa de cocido, cocido, postre tradicional, café, viño da casa, gaseosa e auga, para un grupo de 10 persoas. Deberá consumirse durante o mes de marzo, previa reserva dunha semana.