¿Que foi de… Antonio Díaz Novo?

Puede ser una imagen de 1 persona y al aire libre Antonio Díaz Novo. P.V.
Di que non viu vir o bum urbanístico posterior á súa época “na que se facían casas unifamiliares” e quéixase de como lle afectou a San Miguel

Viviu unha época na política municipal da que se laia de non poder ter deixado moita pegada porque di que daquela o PP limitábase “a pasarnos o rodillo”. Con todo, foi abrindo un camiño e di que, visto o que veu despois “aquilo contra o que loitabamos ao mellor non era tan malo como criamos”.

A época de Antonio Díaz Novo como concelleiro do Bloque Nacionalista Galego en Barreiros estivo moi marcada pola presenza na alcaldía de Manuel Díaz Sampedro, un alcalde do PP xa finado que deixou pouso no concello. Lembra que naquel momento as maiorías absolutas que tiña permitíanlle “aplicar o rodillo sen máis, de forma pura e dura”, pero ao mesmo tempo recoñece que “Manolo era un bo home, pero un mal político e baséase en que “consentiu barbaridades que nós non concebiamos”. Aínda que en canto o di engade: “Claro que, visto o que veu despois, ao mellor resulta que tampouco foi tan mal alcalde”.

Abandono ► Di que deixou a vida política porque houbo un punto no que non podía compatibilizala co seu traballo

Porque Díaz Novo fala sen tapuxos do desgusto que lle causou a etapa política de Alfonso Fuente: “Na época de Manolo Díaz Sampedro nós fomos sempre moi críticos con esa forma de facer as cousas, porque en esencia o que facía era que che permitía construír un garaxe, un galpón ou o que fose, e logo a xente iba tirando. Pero a sorte que tivemos, e que naquel momento eu non souben velo, é que polo menos nesa época o que se construíu foron vivendas unifamiliares. O que se fixo despois… Iso foron vivendas multifamiliares”.

E como veciño de San Miguel láiase de que fose precisamente o seu pobo o que acabase máis afectado: “En Reinante houbo pouca cousa e San Cosme practicamente nin se tocou. Fíxose na parte de abaixo, claro, nas praias, pero ao pobo pouco lle afectou. Pero San Miguel desgraciárono”.

Por iso lle gusta lembrar a un alcalde anterior, da época de Franco: “Casiano fixo en San Bartolo, nuns terreos comunais, unha proxección do que se podía facer, con rúas e ben comunicados e logo puxo as fincas á venda. Foi o único que se fi xo ben en toda esa zona”.

Compañeirismo ► Lembra as pegadas de carteis como un traballo e un esforzo pero nas que o pasaban moi ben entre todos

Tamén conta que “cando falaba con Manolo, era algo moi curioso, porque a nivel particular dábame a razón no que lle dicía. Eu preguntáballe: Como podes permitir isto? Ou: Como deixas facer tal cousa? E el dicíame que bueno… que o importante era que se fose facendo algo en Barreiros. Pero logo chegabas ao pleno e votaba en maioría e acabouse todo”. Aínda así, di, eran tempos nos que el vivía a política de xeito case divertido: “Saiamos de traballar e iamos pegar os carteis. Quedabamos ao mellor ás dez da noite e estabamos ata as dúas ou tres da mañá, e ao día seguinte había que erguerse ás oito para ir traballar, pero pasabámolo moi ben. Riámonos moito. A verdade é que iso si que estaba ben”.

Pode que por iso mesmo cando se lle pregunta se agora volvería á política di que non “porque penso que cambiou moito. Eu, polo que vexo, a maneira de facer política agora é totalmente distinta. Creo que se tende a unha vertente algo máis guarra, de ataques persoais como lle pasou ao actual goberno de Barreiros”.

OLAA

Sendo un goberno do seu partido, é inevitable preguntarlle polo que lle parece: “Houbo un cambio moi importante, porque agora hai unha transparencia absoluta do que se fai. Pasouse de non saberse nada de nada a isto, e eu creo que foi un cambio moi notable”.

Da súa época tamén di que “como eramos menos, estabamos algo máis xuntos. Por exemplo aquí veu Beiras dar un mitin nunhas eleccións municipais. Agora Ana Pontón, aínda que ela queira, non creo nin que poida por cuestións de axenda”. Andados os anos, agora adícase a tentar vivir tranquilo, di, e a ir recuperando a súa afección pola talla de madeira que confesa que ten algo abandonada.