O pasado sábado, 2 de xuño, tivo lugar a terceira etapa do Camiño de Santiago a Fisterra

O pasado sábado, 2 de xuño, tivo lugar a terceira etapa do Camiño de Santiago a Fisterra, que están a realizar en sábados alternos un grupo de veciños e veciñas de Barreiros.La imagen puede contener: 12 personas, personas sonriendo, exterior
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “iniciamos esta etapa no albergue de Vilaserio e rematamos no de Ponte Olveira. Foi unha etapa de 19 quilómetros a que fixemos un total de 44 peregrinos, que aproveitamos para celebrar os cumpreanos de dous deles, José  que cumpriu 65 anos e Rodil que celebrou os 70. Ambos rematan as etapas sempre cun sorriso nas súas facianas”.
A esta peregrinación, organizada polo Concello de Barreiros, réstanlle 35 quilómetros para chegar a Fisterra. “Son dúas etapas, as que nos quedan para rematar”, engadiu Gómez Puente.

Cun xantar de confraternización, celebrado onte, remataron as Tardes de Lecer, que organizou nos últimos meses o Concello de Barreiros

Cun xantar de confraternización, celebrado onte, remataron as Tardes de Lecer, que organizou nos últimos meses o Concello de Barreiros. Segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais “tratouse dun programa que o Concello puxo en marcha por distintas parroquias do municipio co obxectivo de fomentar a actividade, promover a socialización e reforzar a autoestima”. Como broche final mañá, mércores, os asistentes a esas Tardes de Lecer realizarán unha excursión a Luarca e Cudillero.