Publícase a lista provisional de admitidos e lista de espera na Escola Infantil Municipal de Barreiros para o curso 2017/2018

Publícase a lista provisional de admitidos e lista de espera na Escola Infantil Municipal de Barreiros para o curso 2017/2018

Reclamacións nun prazo de 10 días

A lista definitiva farase pública o 31 de maio no taboleiro do concello, na páxina web do concello www.concellodebarreiros.com e no taboleiro da Escola Infantil.

MARTÍN CAMIÑA PRESENTA ESTE DOMINGO, 14 DE MAIO, O SEU ESPECTÁCULO DE MAXIA EN BARREIROS

MARTÍN CAMIÑA PRESENTA ESTE DOMINGO, 14 DE MAIO, O SEU ESPECTÁCULO DE MAXIA EN BARREIROS.

Barreiros, 10 de maio de 2017. Barreiros acolle un espectáculo do mago Martín Camiña este domingo, 14 de maio.

O ilusionista Martín Camiña chegará a Barreiros con A maxia de Carlos Casares. A representación terá lugar este domingo a partir das 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O mago Martín Camiña ten recibido diversos premios entre os que se atopan o Nacional de Maxia e o da Asociación Portuguesa de Ilusionismo. Nesta ocasión dedica o seu espectáculo a Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

A actividade inclúese no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, coa que colabora o Concello de Barreiros a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.