UNHA MULLER DENUNCIA CATORCE MESES DE ESPERA PARA UNHA CONSULTA EN LUGO POR UN TROMBO NUNHA PERNA
Unha muller contacta hai uns días coa Plataforma Sanitaria porque quere darlle difusión ao seu caso. Non se facilitarán os datos da persoa por unha cuestión de protección da súa intimidade.
A doente acude ao seu Centro de Saúde aqueixada de dor nunha perna acompañado de latexo na zoa ,rubor e calor. @ mé[email protected] de cabeceira tras facerlle unha completa exploración e pedir opinión @s [email protected] profesionais do Centro diagnostica un trombo e considera que debe ser atendida por un/-ha especialista en Cirurxía Vascular, polo que se envía un volante para solicitar consulta no Servizo de Vascular do HULA o día 16 de outubro de 2017
Respóstanlle vía correo postal confirmándolle que a devandita cita na consulta de cirurxía vascular do HULA será o día 4 de decembro de 2018,e dicir un ano e dous meses despois de ser solicitada a cita .A muller abraiada , indignada e asustada polo que poidera pasar nese tempo de espera, acude ao Servizo de Atención ao Paciente do hospital da Costa a poñer unha reclamación que figura rexistrada co número 2497, xa que non se trata dun catarro ou dunha contractura muscular, senón de algo bastante serio e con posibles consecuencias graves- refire .
Unha vez rexistrada a reclamación contacta coa Plataforma Sanitaria porque quere que o seu caso sexa denunciado ante os medios de comunicación.Considera que precisa unha cita o antes posible na consulta de cirurxía vascular e tamén unha resposta por parte do Sergas – reflexa na súa reclamación.
Desde a Plataforma Sanitaria esiximos aos organismos competentes que sexa atendida a demanda desta paciente,que se teña en consideración a potencial gravidade desta patoloxía e se lle apliquen uns tempos de espera axeitados ao cadro, sempre dentro do contexto da sanidade pública.
A Plataforma Sanitaria reclama un servizo de Cirurxía Vascular para A Mariña
Do mesmo xeito desde a Plataforma Sanitaria reclamamos a creación do Servizo de Vascular na Mariña , máis que xustificado polo número de habitantes con que conta a comarca , e a prevalencia e incidencia de Patoloxía Vascular na zona. A esto temos que engadir as continuas consultas de vascular que precisan as [email protected] do Servizo de Hemodiálise para a creación do seu acceso vascular, control e/ou reparación do mesmo, correndo pola súa conta a cantía dos desprazamentos e manutención se precisaran. A carencia deste servizo no Hospital da Costa é unha mostra máis do total desprezo [email protected] dirixentes políticos [email protected] mariñás e mariñaos.
A Asemblea Informativa celebrada en Barreiros o xoves 23 de novembro, un éxito en asistentes e participación.
Un nutrido número de veciñ@s participaron da asamblea informativa que o pasado xoves 23 de novembro se celebrou no salón de actos do Centro Social de Barreiros.
A Plataforma denunciou o grave problema que está a sufrir a Atención Primaria en xeral, co abandono total por parte da administración tanto no mantemento das instalacións, algunas sen reparar dende a súa creación no século pasado e con problemas na calefacción, como no suministro de materiais ( servizo recentemente privatizado) ou na cobertura de profesionais.
Unha especial importancia acada a deixadez total co que se está a tratar a cobertura de pediatras nos centros de saúde da comarca.Mentres que en algunas localidades como Viveiro,que atende a maiores aos [email protected] de Ourol e o Vicedo, non cubren ou o fan de forma insuficiente as ausencias dun dos profesionais co conseguinte caos asistencial, ou directamente non contratan pediatras para outras amplias zonas como o Valadouro, donde un total de trescentos [email protected] teñen que ser [email protected] pola pediatra en Foz, sobresaturada polo volumen de pacientes. No caso de Barreiros a pediatra acude ao centro de saúde dúas horas tres veces por semana, porque é compartida con Mondoñedo e Lourenzá ,sendo imposible dar a asistencia sanitaria de calidade @s máis [email protected]
Para máis información chamar a Victor Vila 677343429