Un grupo de nenos e nenas de Barreiros participaron na actividade Lecer Consumo 2016

DSC06310Un grupo de nenos e nenas de Barreiros participaron na actividade Lecer Consumo 2016, que organizou o Concello en colaboración co Instituto Galego de Consumo.

Ao longo da xornada desenvolvéronse dúas actividades co obxectivo de achegar de forma lúdica os conceptos básicos de consumo responsable e do lecer. DSC06330 DSC06320 DSC06307

Na actividade “O xogar non ten cancelas” os nenos e nenas escoitaron un conto que relataba como non é necesario mercar xoguetes para gozar do tempo de lecer e a continuación crearon unha marioneta.

E na actividade “No verán, un lecer responsable está na túa man” realizaron unha xincana onde tiveron que superar diferentes probas e posteriormente deseñaron “o planazo” propoñendo unha xornada de lecer que incluía alternativas de lecer responsable e dieta equilibrada no noso Concello. Desta actividade xurdiu o seguinte lema creado polos propios nenos e nenas: “quen a Barreiros vai, volve porque o pasa guai”, este planazo participará no mes de setembro nun concurso do Facebook da Escola Galega de Consumo.