Un grupo de barreirenses segue de ruta polo Camiño Norte de peregrinación a Santiago de Compostela

Un grupo de barreirenses segue de ruta polo Camiño Norte de peregrinación a Santiago de Compostela. A pasada fin de semana realizaron a quinta etapa, a comprendida entre Baamonde e Miraz. O concelleiro de Medio Ambiente en funcións, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi un día estupendo para camiñar. Os primeiros 3 quilómetros da etapa discorren pola N-VI, paralelos á vía do tren; e despois atopámonos cun camiño de terra que se desvía o nos mergullou nun mundo antigo, para cruzar a ponte medieval de San Alberte e a visita á capela do mesmo nome, que te transporta ao tempo dos cabaleiros, peregrinos, sandalias e cunchas. Todo rodeado por unha vexetación frondosa”. O edil barreirense subliñou que “na expedición, como de costume, reina un ambiente de compañeirismo e amizade”. Esta peregrinación por etapas a Santiago está organizada polo Concello de Barreiros.La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, exterior