Trinta persoas participaron o pasado sábado, 6 de abril, na viaxe a Lalín, que organizou o Concello de Barreiros

Trinta persoas participaron o pasado sábado, 6 de abril, na viaxe a Lalín, que organizou o Concello de Barreiros. Os asistentes visitaron a Casa do Patrón, a Sala de Arqueoloxía

do Castro de Doade, a Casa Castrexa, o Castro de Doade, o Pazo de Liñares e o Museo Galego da Marioneta.

Ademais degustaron o tradicional cocido de Lalín nun restaurante da localidade, onde o Concello foi obsequiado cunha figura típica desa terra e da feira do cocido, que recolleu o alcalde, Alfonso Fuente Parga.