SEIS MESES DE PROTESTAS E CENTOS DE PERSOAS NAS CONCENTRACI ÓNS SEMANAIS NA MARIÑA

SEIS MESES DE PROTESTAS E CENTOS DE PERSOAS NAS CONCENTRACI ÓNS SEMANAIS NA MARIÑA.

A Mariña , 24 de Xaneiro de 2018. Como cada mércores, persoal sanitario, usuarias e usuarios da sanidade pública da Mariña, volveron concentrarse diante do Hospital da Costa e Centros de Saúde para esixir a retirada do proxecto de lei que “pretende borrarnos do mapa como Área Sanitaria. Reclamaron capacidade de xestión dende a comarca para deste xeito “ ofrecer unha prestación sanitaria de proximidade” manifestaron responsables da Plataforma Sanitaria.

Entenden que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública, dando cabida á sanidade privada, provocar unha perda no número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar  a accesibilidade aos servizos sanitarios e desmantelar a Atención Primaria.

Esta reforma implica a centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela, así como desprazamentos constantes da poboación da Mariña, nalgúns casos a máis de hora e media de viaxe  , para realizar probas e consultas que até agora  realizaban nas súas comarcas.

“ Os grandes beneficiados da reforma sanitaria impulsada polo PP son os hospitais privados da cidade de Lugo”- afirman desde a Plataforma. A conta de resultados dalgúns destes centros, como Polusa ou Nosa Señora dos Ollos Grandes, que curiosamente acometeu unha importante reforma das instalación, é que  non paran de medrar a medida que se reduce a carteira de servizos do hospital de Burela.

Ao final das protestas fixeron un chamamento a movilizarse e participar masivamente contra a política de desmantelamento da sanidade do PP, o día 4 de febrero  ás 12 horas en Compostela.A única forma de parar esta reforma inxusta , insolidaria, xeradora de desigualdade e que afectará a toda a sanidade galega, mesmo ás grandes ciudades, é a mobilización social masiva e contundente como pasou recentemente coa lei de Acuicultura , que se conseguiu frear pola forte contestación social”- conclúen desde a Plataforma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *