Se están a vender polas rúas papeletas de lotería de Nadal falsificadas, estade atentos

Bos días, dende a Asociación Cultural Os Macanudos de Barreiros queremos facer pública unha información de interese para a veciñanza

Onte deronnos aviso de que se están a vender polas rúas papeletas de lotería de Nadal falsificadas, é decir, son fotocopias a cor de unha das papeletas que nos vendemos para o sorteo de Nadal. A garda civil xa está sobre aviso e investigando o caso, así como a asociación ven de poñer a pertinente denuncia.

Dende a Asociación agradecemos que se se coñecen outros casos se poñan en contacto coa Garda Civil, tanto para axudar a atopar ós timadores como para poñer a pertinente denuncia como afectados.

Tamén queremos facer constar a nosa preocupación ante o que está sucedendo, xa que se está xogando coa seriedade e co bo nome da Asociación e dos seus socios.

Queda dicir, que a Lotería oficial so a venden os membros da comparsa e que para maior seguridade se comprobe o corte da matriz e o sello da papeleta.

Moitas gracias pola colaboración que de seguro nos brindades.

Un saudo
A.C. Os Macanudos, Barreiros