KILÓMETROS DE PERCORRIDO: 12’2
ÉPOCA IDEAL: Calquera do ano, pero sobre todo na primavera e verán
DIFICULTADE: Baixa, a única dificultade é a súa lonxitude. É un percorrido ideal para facer en bicicleta é a pé
EDIFICIOS DE INTERÉS: Igrexa Parroquial de San Cosme, Castros de S. Bartolo, Benquerencia e S. Miguel de Reinante |
GASOLINEIRAS
Unha en San Cosme de Barreiros a 500 ms. da Casa do Concello
VEXETACIÓN:
Predominan as pradeiras e terras de cultivo. Na zona boscosa predomina o pino e o eucalipto
FAUNA: é moi variada: corzo, raposo, esquíos, algo de perdiz, gaivotas, pombos…
Partímos da Casa do Concello, situada na estrada N-634 (Santiago-S.Sebastián), a poucos metros collemos a estrada das praias; despois de cruzar a ponte sobre a vía do FEVE (Ferrol-Xixón) dirixímonos á Igrexa Parroquial de S. Cosme, no barrio de Áspera. De volta á estrada da praia en Viladaíde podemos observar un cruceiro, pombais e cabozos de diversos tipos. Diexando dito barrio chegamos ás praias, sendo a primeira a de Alta (nome que lle ven por existir unha pequena illa, onde na antiguidade se facían sacrifios ós deuses), vamos ata a ría, rica en chícaros (Berberechos), ameixas…, no outro lado Foz, pobo mariñeiro e turistico. Afastando as praias de Altar e a de San Bartolo atopamos o castro de S. Bartolo, e na mesma praia unha fonte ferruxinosa, hoxe |
en estado de abandono, todo isto presidido pola capela do mesmo nome, onde tódolos 24 de agosto se celebra a festa e romaría na súa honra.
A continuación a praia de Remior, onde se atopaba o complexo de Caixa Galicia, o camping da Gaivota, situado na parroquia de S. Pedro de Benquerencia, seguindo coas praias de Coto, Valea, Fontela (aparece un castro), Lóngara (onde se practica surfing), A Pasada, na parroquia de S. Miguel de Reinante; aquí deixamos a estrada asfaltada para dirixirnos ó castro de S. Miguel e volver a dita estrada na praia de Arealonga, en Santiago de Reinante, recentemente arranxada cun paseo marítimo e zona de descanso, co camping A Nosa Casa |
COMO CHEGAR:
S. Cosme de Barreiros dista 90 Kilómetros da capital provincial, Lugo. Situada na estrada N-634 (Santiago-S.Sebastián). Transporte público en autobús diario a Lugo e Coruña, a liña do FEVE (Ferrol-Xixón)
XANTAR:
Restaurantes: Moby Dick; A Ribeira, Oliñas do Mar, Sol do Mar, Agarimo, Yenka, Lóngara, A Nosa Casa
CAMPINGS
Gaivota, Benquerencia, |
|