Prensa

barra 
AMariña :: Barreiros :: Benquerencia :: Cultura :: Deportes :: Parroquias :: Playas :: Rutas :: Serviciosbarra Inicio :: Caminonorte :: Comado :: Corneria :: Hórreos :: Indianos:: Playas :: Remourelle :: Rió Masma :: San Caetano:: SanCosme-San Miguel :: San Estevo do Ermo barra Barreiros en ruta / Camino de San Rosendo / Camino de Santiago Camino natural de la Ruta del Cantábrico / Soñando con el tren que cruzara GaliciabarraBarreiros Mar e monte :: Corneria :: Playas :: Remourelle :: Río Masma :: Ruta Monte Comado :: San Caetano :: San Cosme :: San Miguel :: Santo Estevo do Ermo :: Ruta das FachasbarraAlbergue de peregrinos de Gondán :: Álbun fotográfico :: Camino del Mar :: Iglesias del Camino :: Las gentes del Camino :: Prensa :: Servicios :: Varios :: Vídeos del Caminobarra  Álbum de fotos de los amigos de las Rutas de Barreiros barra

 Os outros camiños da Mariña Luguesa  ::  Articulos de Prensa

El Parlamento aprueba iniciar los trámites para oficializar el Camino del Mar como nueva ruta jacobea

Benquerencia a 09 de Abril de 2010

Según la diputada popular, Emma Álvarez, se trata de iniciar estudios, teniendo en cuenta la documentación existente, para oficializar el camino que comienza en Ribadeo y continúa por Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ortigueira, Cedeira y llega hasta Neda donde se funde con el Camino Inglés. Al mismo tiempo promover su divulgación siendo conscientes de que no hay nada presupuestado para actuaciones concretas sobre el mismo durante este año Jacobeo.

O Parlamento de Galicia aprobou, na sesión da Comisión de Educación e Cultura celebrada hoxe, unha iniciativa do PPdeG na que se solicita da Xunta de Galicia dar os primeiros pasos e iniciar os trámites e xestións oportunas co obxecto de oficializar como ruta xacobea o novo viario de peregrinación coñecido como Camiño do Mar. A iniciativa popular solicita tamén iniciar os traballos para a divulgación e promoción deste percorrido que empeza en Ribadeo, continua polos concellos de Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ortigueira, Cedeira e chega ata Neda, no que se funde coa ruta oficial do Camiño Inglés chegando ata Santiago.

Para a  deputada popular Emma Álvarez Chao, encargada de defender a iniciativa, “pedimos que se estude e se teña en conta a documentación existente para facer oficial o Camiño e a divulgación e promoción do mesmo, sendo conscientes de que non hai nada presupostado para actuacións concretas durante este ano Xacobeo”. Nese sentido criticou que os partidos da oposición pidan agora axilizar os trámites “cando en catro anos de Goberno bipartito na Xunta de Galicia este Camiño estivo no olvido e non fixeron nada e agora é unha iniciativa do PPdeG a que amosa un compromiso claro e decidido deste partido e do actual goberno da Xunta de Galicia  ca Mariña lucense, as portas dun Ano Santo como o actual ante o que o anterior Goberno debería haberse posto as pilas”.

Álvarez Chao destacou as moitas vantaxes e os beneficios que a oficialización da ruta tería para a comarca, non só dende o punto de vista turístico senón tamén nos aspectos culturais, económicos, sociais e relixiosos e fixo referencia as asociacións máis activas, entre as que destacou a Asociación de amigos do Camiño de Santiago Abrindo Camiño e a Asociación de Turismo Rural de A Mariña (Aturmar),  na reivindicación da vía.

CUMPRE TODOS OS REQUISITOS

A deputada popular indicou que prestixiosas investigacións históricas demostran a existencia deste novo trazado viario de peregrinación na costa norte galega xa que cumpre os tres requisitos indispensables para converterse nun camiño de peregrinación oficial: demostración da existencia dun trazado viario sobre o que trazar posteriormente o itinerario da vía de peregrinación, existencia dunha rede asistencial na que os peregrinos podan acollerse e atopar comida e cama e, finalmente, demostrar a presenza continuada de peregrinos.

Todas estas condición se estarían a cumprir no Camiño do Mar, resalta a deputada popular, xa que existe documentación histórica suficiente que mesmo pode consultarse actualmente nos arquivos catedralicio e diocesano de Mondoñedo, no Histórico Nacional e en diversos arquivos municipais e parroquias. Por outra banda,tamén existía unha  rede asistencial en torno a ese tramo composta por 5 hospitais: San Sebastián de Ribadeo, San Sebastián en San Martiño de Mondoñedo, San Andrés na parroquia de Lieiro, Santa Ana en Santiago de Celeiro e Santiago na parroquia de Santiago de Viveiro. Así mesmo e como mínimo dende o ano 1502 e ata principios do século XIX existe a constancia de peregrinos que empregaban esta ruta costeira.

Tendo en conta todo esto a deputada popular concluíu que é imposible negar a existencia dun camiño físico entre Ribadeo e Viveiro, entorno ao cal existe unha rede hospitalaria empregada por peregrinos e, polo tanto, cómpre dotalo do recoñecemento oficial que corresponda.

Dúas propostas buscan que o Camiño do Mar sexa oficial

Abrindo Camino leva dous anos de tramites con Patrimonio para reconecer a variante de San Martino e pide a creacion dun albergue

O empresariado do turismo rural reivindica a antiga via entre Ribadeo e Viveiro como forma de promocionar o turismo na comarca

A antiga senda, que discorre por toda a costa da Mariña, é o empalme entre o camiño

cristina l. felipe [email protected]

A MARIÑA. A proximidade da celebración do ano Xacobeo 2010 reaviva o interese dos mariñanos polo recoñecemento oficial do tramo coñecido como Camiño do Mar. Hai dúas vertentes que defenden esta acción común desde perspectivas distintas: por unha banda, a promoción da asociación de amigos do Camiño de Santiago Abrindo Camiño, que reivindica a variante de San Martiño, e pola outra, a Asociación de Turismo Rural de A Mariña (Aturmar), que pide o recoñecemento da vía ó completo, dende Ribadeo a Viveiro, como forma para promocionar a comarca. Todos eles contan coa mesma base documental, a do traballo realizado polo historiador Juan Ramón Fernández Pacios, que dá constancia da existencia dun camiño medieval polo que pasaban os peregrinos e unha serie de hospitais ó seu carón nos que recuperaban forzas.

http://es.fegatur.org

Abrindo Camiño, presidida por Luis Fernández Ansedes, leva moito tempo con esta reivindicación ás costas, que enfoca desde un punto de vista «práctico e viable».

O colectivo estudiou e confeccionou en base a datos históricos unha variante que desde Ribadeo vai pola costa, co que permite a vista das praias e ten tódolos servizos próximos, e vai ata San Martiño, onde entra pola ponte da Espiñeira e sae pola ermida, fai un tramo por un camiño de Alfoz e entra en Mondoñedo, onde pasa, entre outros lugares, por Viloalle e Masma.

ALBERGUE. Un dos apoios da reivindicación de Abrindo Camiño en Foz é o seu cronista oficial, Suso Fernández, que ve «primordial » á hora de promocionar a desviación por San Martiño que haxa un albergue de peregrinos.

Esta é, di, unha «infraestrutura básica para os camiñantes» e non considera «lóxico que se queira reivindicar e difundir San Martiño para as peregrinacións sen ter un albergue, aínda que fora de forma provisional».

Porén, esta petición «téñena que resolver os políticos», e niso están. Ansedes apunta que están en contacto co concelleiro de Cultura e Turismo de Foz, Xaime Cancio, que promoverá en breve unha reunión con responsables dos concellos afectados e asociacións para ver o xeito de canalizar esta petición pola vía administrativa.

«Hai moita xente interesada en facer esta ruta que pregunta se hai albergue», di o presidente de Abrindo Camiño, que ve urgente a súa posta en marcha. turi smo. A proposta de Aturmar é máis ambiciosa e por elo máis difícil de acadar. O seu presidente, Manuel Vicente, sinala que iniciaron hai tempo as xestións ca Xunta para que recoñeza a ruta de Ribadeo ata Viveiro. Intentarono xa ca anterior Administración e tamén ca actual, a través de reunións con Turismo, a xerencia de Turgalicia e a Subdirección do Xacobeo, entidade á que tamén lle pediron unha reunión co xerente, pola que agardan resposta.

Vicente cre que non poderán lograr nada sen o apoio dos concellos e por iso contactaron a semana pasada cos alcaldes. De momento tiñeron resposta de Cervo, Xove e Foz pero agardan que todos se unan nesta reivindicación. «No nos estamos inventando nada, sólo pedimos que se estudie y se tenga en cuenta la documentación que existe», apunta. Considera que deben realizar unha xestión paralela para conseguir financiación e se conseguen o apoio dos concellos presentarán o proxecto ante o Grupo de Acción Costeira.

historia . Esta reivindicación non sería posible sen unha sólida base documental, que corre por conta do historiador Juan Ramón Fernández Pacios. Segundo os datos que recolleu, o Camiño do Mar é un empalme entre o Camiño Norte que chega a Ribadeo eo Camiño Inglés, que vai por terra de Ferrol a Santiago. Recorre, polo tanto, toda a costa mariñana, segundo consta nos «apeos de bens», documentos de lindes de fincas que falan da existencia dun «camiño francés» que pasa polos distintos lugares xa desde o século XV.

«Un camiño, para deixar de ser camiño e converterse en camiño de peregrinación, ten que ter referencias ó Camiño Francés, a referencia física por onde pasa». Ten que ter tamén referencias a hospitais, que daquela eran os albergues nos que os peregrinos se recollían, onde lles daban cama, comida e asistencia médica ou relixiosa se a precisaban. Neste tramo había cinco: o de San Sebastián de Ribadeo, recoñecido oficialmente; o de San Martiño, de cuxa actividade hai constancia desde 1531 ata 1850; o de Lieiro, fundado en 1643; o de Santa Ana en Celeiro e o de Viveiro. Unha vez demostrada a existencia do camiño e os albergues, só falta acreditar a presenza de peregrinos, que se demostra nos libros de defuncións de Ribadeo, Reinante, San Martiño ou Foz. «En todos eles atopei peregrinos mortos, en total 142», apunta.

«Hai constancia de caminantes nesta ruta do século XVI ó XIX»

«Para que recoñezan oficialmente esta vía hai que amosar documentación, e o Camiño do Mar tena para xustificar esa viabilidade», di o historiador Juan Ramón Fernández Pacios, que atopou documentos de defunción de peregrinos do século XVII, «anque eso non quere decir que non existisen antes».

De feito, hai referencias en testamentos do século anterior ós hospitais, lugares nos que consta que se atendían ós camiñantes. Non sabe cando se deixou de utilizar esta vía pero apunta que comeza a perder a presenza de peregrinos no século XIX e apunta á Guerra da Independencia contra os franceses como un feito determinante que reduce brutalmente a entrada de peregrinos».

Apunta que «queda moito traballo por facer» para impulsar esta ruta xa que Patrimonio ten que avaliar toda a documentación e logo o Xacobeo encargarase de trazar a ruta, ver os lugares polos que pode pasar, xa que en moitos casos a evolución das aldeas e vilas pode desprazar o camiño orixinal, di o historiador.

Juan R. Fernández Pacios Historiador

«O recoñecemento oficial do Xacobeo tardará moito tempo»

Abrindo Camiño realizou, xa hai dous anos, unha unha solicitude á Dirección Xeral de Patrimonio para a oficialización desta vía, avalada cun informe que presentaron ó antigo responsable do departamento, que abriu un expediente por este motivo. Luis Fernández Ansedes cre que o recoñecemento oficial do Xacobeo «tardará moito tempo», ainda que non por eso deixan de dar mostras do seu empeño.

Explica que en primeiro lugar o camiño ten que ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e logo os promotores da iniciativa deben aportar unha serie de datos históricos e documentais que xa teñen, coma a presenza de hospitais de peregrinos. A acción debe ir reforzada por último co interese popular, algo que tamén hai, xa que son moitas as asociacións de amigos do Camiño doutras comunidades que «deron o avaliamento

desa variante», así como a federación da asociacións dos camiños de Europa. e os alcaldes dos concellos polos que pasa: Ribadeo,  Barreiros, Foz e Mondoñedo.

Luis Fernández Ansedes Presidente de Abrindo Camiño

«Ayudaría a alcanzar la utopía de la desestacionalización del turismo»

O presidente de Aturmar considera que o recoñecemento oficial desta vía suporía unha aposta «importantísima» para a comarca, que conlevaría un «repunte económico» canalizado a través do turismo que xeraría ó seu redor.

Ve fundamental conseguilo xa para o 2010, ano no que se prevé unha afluencia extraordinaria de peregrinos, e considera que «si hubiera reconocida una guía de peregrinación, su promoción aportaría mucho para la utopía de conseguir una desestacionalización del turismo en A Mariña». Lembra Manuel Vicente que a Xunta baralla cifras de ata nove millóns de peregrinos o próximo ano e di que «si vinieran a la comarca sólo el 1%, serían 90.000 visitantes, una cifra escandalosa ».

Engade que o recoñecemento do Camiño do Mar axudaría a vender e promocionar a comarca, unha zona «con unos privilegios y valores no reconocidos» que na súa opinión está «muy necesitada» en ese aspecto. «Puede ser un paso importantísimo para todos», conclúe.

Manuel Vicente Presidente de Aturmar

«A basílica de San Martiño é un gran aliciente para os peregrinos»

O cronista oficial de Foz, Suso Fernández, tamén representante de da asociación Abrindo Camiño neste concello, é un dos activistas desta reivindicación e apoia a este «pequeno desvío» pola súa aportación desde o punto de vista cultural e artístico ó Camiño que oficialmente discorre a pouca distancia. «É un gran aliciente para os peregrinos coñecer a basílica de San Martiño», di Fernández, por ser «unha xoia do prerrománico e polos valores históricos e culturais que ten». Na súa opinión, a catedral focense é a «gran arma» para conseguir a oficialización do desvío e invita ós peregrinos que vaian a pasar entre Ribadeo e Lourenzá a que se acheguen para coñecela. «A volta é mínima» e en troques poderán disfrutar do encanto da catedral románica máis antiga de España, as súas obras de arte interiores, coma as pinturas murais recentemente restauradas, e o seu entorno.

Suso Fernández Cronista oficial de Foz

Testemuño escrito

O percorrido está prácticamente definido

A ruta segue o Camiño Francés en Ribadeo e Barreiros e cruza o río Masma en Celeiro de Mariñaos, na Ponte de Barral ou na da Rexa.Logo de cruzar o río vai ata San Martiño. Pasa a antiga ponte da Espiñeira e segue a Fazouro, Nois e ó muiño de Alemparte, en Cangas.

Tamén ten referencias en Pena Verdil, en Burela, e segue logo por San Cibrao, Lieiro, Xove, Celeiro e Viveiro. Dende alí iría ata O Vicedo e xa na Coruña pasaría por Ortigueira, Cedeira e enlazaría co Camiño Inglés en Ferrol.

Fachada da basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz. JOSE Ma ALVEZ

Nuestro agradecimiento a Emilio Piñeiroa Lozano por su trabajo

Noticias de Barreiros