ROLDA DE PRENSA salvemos a sanidade pública na Mariña

En primeiro lugar grazas aos medio por acudir a esta convocatoria .

O pasado 4 de febreiro tivo lugar en Compostela unha manifestación en defensa da Sanidade Pública que mobilizou a un milleiro de mariñás e mariñaos en 10 autobuses e centos de coches. Foi cualificada coma histórica na comarca, xa que nunca antes houbera un desprazamento organizado tan grande para ir a unha manifestación fora da Mariña.

Posteriormente, o día 6 de febreiro, representantes da Plataforma acudimos ao debate da totalidade no Parlamento. A actitude do PP foi cualificada pola Plataforma como chulesca ,soberbia e alonxada da realidade e do pobo. Non escoitan á cidadanía máis abren ben as orellas e as mans ante as esixencias das empresas sanitarias privada. Entendemos que nun país que se chame democrático, o feito de que 30.000 persoas saíran á rúa a dicir que esixen a retirada do proxecto de modificación da lei de saúde,que rexeitan a supresión das áreas sanitarias e que non queren que se privatice a sanidade, sería máis que suficiente para que se retirara ese punto da orde do día e se sentarana dialogar coa oposición e os axentes sociais.

Na Mariña non nos rendimos nen nos resignamos e por iso continuamos coas concentracións dos mércores diante do hospital e nos centros de saúde.Estas mobilizacións seguen a mover xente como cando comezamos, hai xa 7 meses. A maiores, a veciñanza da Mariña fixo unha unánime petición á Plataforma Sanitaria para que continúe coas mobilizacións na Comarca Porque nada mudou, acaso o que si cambiou foi a desvergoña con que a Xerencia e o Sergas publican nos diarios os datos oficiais dos tempos de agarda maquillados ate límites insospeitados ( sobre todo nos días previos ás nosas mobilizacións) , desmentidos polas veciñas e veciños, que amosan públicamente os datos reais das súas citas .Datos que sobrepasan con moito os tempos de espera máximos que permite a recén estreada lei de garantías.

De feito temos documentada unha primeira cita para dermatoloxía cunha agarda de 7 meses, cando os datos oficiais cífranse en 38,7 días.

Tamén probas de esforzo pendentes que levan cerca dun ano de espera e esas persoas nin siquera teñen cita (reclamación feita), ecocardiogramas con esperas de máis dun ano…. cando a xerencia cifra en 15 os días de agarda para estudos cardiolóxicos.

SINXELAMENTE ESCANDALOSO.

Os marcapasos continúan derivándose a Lugo dende que se inicia o proceso, é dicir tanto a súa implantación como logo as futuras revisións e os cambios de pila.

A enfermeira da consulta de educación sanitaria para pacientes oncolóxicos e  familiares segue sen existir. Somos o único hospital da rede SERGAS sen esa profesional, e non hai intencións de que a haxa, xa que según el@s  “xa se cubre esta necesidade coas enfermeiras que administran os citostáticos”.

Anuncian tamén na prensa que o noso hospital está en disposición de realizar procedementos chamados VÍAS RÁPIDAS para detección de 6 tipos de cancro máis o programa de detección precoz de cancro colorrectal ten como referente o Servizo de Dixestivo do HULA, pese a dispor aquí de Dixestivo e dúas salas de Endoscopias.

Gran parte das intrevencións de traumatoloxía como xeonllos,juanetes, próteses de cadeira estanse a derivar a Lugo desde os inicios dos procedementos, e dicir desde o preoperatorio, ate a intervención e as revisións, cos conseguintes desprazamentos de pacientes e familiares, causando gastos innecesarios.

Se falamos de cirurxía vascular, servizo que demandamos desde hai tempo para o Hospital da Costa, temos unha espera en primeiras citas de ate un ano, con resposta por parte do servizo de atención ao usuario ante a chegada de reclamacións con un “as primeiras consultas de patoloxía venosa por ser moi numerosas e menos urxentes , teñen máis demora.” E así “ despachan” @s enferm@s.

Cando publican que a espera para cirurxía é de 45 días de media falsean os datos, porque cando deciden que unha persoa ten que facer unha intervención pasa a formar parte das listas de agarda non estruturales ou listas B, que van a un caixón sen computar .Unha vez que chaman ao paciente para facer o preoperatorio é cando pasan ás listas estruturales, empezando a contar a partir dese momento. Por iso saen eses datos tan bonitos e axeitados de espera para operarse.

E que dicir da ATENCIÓN PRIMARIA !!!  Estamos asistindo ao desmantelamento a velocidades de vértixe da Atención Primaria, porta de entrada ao sistema sanitario, con peche de consultas porque non se sustitúen @s profesionais, constatándose ate 12 días de espera para unha cita nunha consulta nos centros de saúde.

As consultas de Pediatría en Atención Primaria están absolutamente desbordadas. Por citar algúns casos, no Centro de Saúde de Viveiro dous pediatras atenden as crianzas de Viveiro,Ourol e Vicedo, e cando falta algún/-ha  d@s profesionais non se cubre ou faise parcialmente, aumentando a presión asistencial ate límites inasumibles.

En Foz unha pediatra cunha reducción de xornada  sen cubrir atende crianzas dos Concellos de Foz, Valadouro e Alfoz, estes dous últimos concellos con un total de 300 nen@s.

A pediatra de Barreiros é compartida con Mondoñedo e Lourenzá, indo a Barreiros dúas horas , tres días á semana.É dicir nin siquera unha xornada laboral á semana.

POR TODO ISTO E TAMÉN:

– PORQUE ESIXIMOS QUE SE MANTEÑA A ÁREA SANITARIA DA MARIÑA

– PORQUE ESIXIMOS A RETIRADA DO PROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI DE SAÚDE DE GALICIA

– PORQUE ESIXIMOS QUE A MARIÑA SEXA UNHA EOXI PROPIA COMO ACONTECE EN FERROL, CON SIMILAR NÚMERO DE HABITANTES E SEN AS DISTANCIAS QUE HAI NA MARIÑA AO HOSPITAL DE SEGUNDO NiVEL

– PORQUE ESIXIMOS QUE SE DOTE DE RECURSOS HUMÁNS E MATERIAIS A ATENCIÓN PRIMARIA

– PORQUE ESIXIMOS QUE A AMPLIACIÓN DE EDIFICIOS VAIA ACOMPAÑADA DUNHA AMPLIACIÓN REAL DE SERVIZOS, ASÍ COMO DOS RECURSOS HUMÁNS AXEITADOS PARA GARANTIR UNHA ASISTENCIA SANITARIA DE CALIDADE.

– PORQUE ESIXIMOS UNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE, DE PROXIMIDADE. UNIVERSAL,GRATUITA , INTEGRAL E INTEGRADA…

A PLATAFORMA SANITARIA CONVOCA E FAI UN CHAMAMENTO A TODAS AS MARIÑÁS E MARIÑAOS A UNHA GRAN MANIFESTACIÓN QUE O XOVES DÍA 1 DE MARZO ÁS 8 DA TARDE SAIRÁ DO HOSPITAL DA COSTA  E PERCORRERÁ AS RÚAS DE BURELA REMATANDO NA PRAZA DO CONCELLO DONDE SE LERÁ UN MANIFESTO.

FACEMOS TAMÉN UN CHAMAMENTO A ALCALDESAS E ALCALDES DA COMARCA PARA QUE DEN MÁXIMA DIFUSIÓN NOS SEUS CONCELLOS MOBILIZANDO AO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS POSIBLES.

GRAZAS.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *