ROLDA DE PRENSA MANIFESTACIÓN 4 FEBREIRO EN COMPOSTELA

ROLDA DE PRENSA MANIFESTACIÓN 4 FEBREIRO EN COMPOSTELA 

Bon día a todas e todos.

En primeiro lugar agradecer aos medios de comunicación a súa presenza  e tamén agradecerlles a cobertura que nos vides dando dende que empezou toda esta loita , hai xa 6 meses. fostes parte importante nesto porque axudástesnos a visibilizar o conflicto, moitas veces con bastantes dificultades e trabas para vós.

Como xa dixemos levamos 6 meses de actividades reivindicativas na DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA.Comezamos informando a veciñas e veciños mediante asembleas informativas en prácticamente todos os Concellos da Comarca.Fixemos tamén repartos de panfletos informativos que se repartiron en mercados e feiras.O día 5 de outubro tivemos unha mobilización en Burela que foi masiva. posteriormente creouse en Viveiro un grupo de apoio á Plataforma chamado SOMOS UNHA ÁREA VIVEIRO e que desenvolveu durante varias semanas actividades lúdico-reivindicativas en Viveiro con gran participación veciñal.O 30 de novembro culminou cunha concentración numerosísima na Praza da Fontenova e lectura dun manifesto.

A PLataforma Sanitaria ,nun intento de coñecer de cerca os problemas reais de derivacións e listas de agarda excesivas comprometeuse a axudar, a quen así o solicitase, a facer reclamacións e mesmo difundilas á prensa.Esta iniciativa tivo unha moi boa aceptación entre @s veciñ@s.De feito nestes momentos temos varias reclamacións xa entregadas no rexistro e pendentes de trasladar á prensa .

A última actividade que desenvolvimos foi a CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA,en tres etapas e que culminou cunha manifestación ate o centro de saúde de Burela ,donde se leu un manifesto.A repercusión mediática desta caravana foi tremenda, nen nós mesmos alcanzamos a imaxinar ate donde chegamos.

Todas estas actividades teñen por finalidade amosar o noso absoluto rexeitamento á supresión da Área Sanitaria da Mariña e pasar a ser un DISTRITO da macroárea de LUGO,pois isto significa centralizar os recursos sanitarios na capital e incrementar os desprazamentos cara o Lugo.

Os grandes beneficiados desta reforma (contrarreforma) impulsada polo PP son os hospitais privados de Lugo, que curiosamente acometeron importantes reformas nas súas instalacións e non paran de medrar á mesma velocidade que se reduce a carteira de servizos do hospital de Burela.Así , nos últimos tempos comezouse derivar cara a Lugo a implantación de marcapasos( incluindo as revisións e os cambios de pila), os partos prematuros ou múltiples dende as primeiras etapas do embarazo, malia contar aquí con Unidade de [email protected], moitas intervencións de cataratas, hernias, fimoses pediátricas e as cirurxías programadas de traumatoloxía.

A resonancia magnética, os aparellos para facer densitometrías, as radiografías panorámicas dentais, os electromiogramas… que sempre dixeron que non se instalaban por falta de espazo, agora que se amplía ese espazo tampouco van estar.Teñen negocio coas privadas de Lugo, así que seguiremos a ir a Lugo a facelas.

A ampliación que está en marcha só amplía espazos, que son moi necesarios, pero non se amplía NEN UN SÓ SERVIZO ,NEN SE CREA NINGÚN A MAIORES.

Por todo o anterior,a Plataforma sanitaria na Defensa da Sanidade Pública fai un chamamento a TODA A VECIÑANZA DA MARIÑA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO DÍA 4 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA ÁS 12 HORAS, para berrar ben forte que queremos manter a nosa ÁREA SANITARIA, que non queremos ser pacientes de Lugo, que imos a apostar pola sanidade da nosa comarca, que queremos unha ampliación de servizose que non nos leven os que temos, QUE NON SOMOS CIDADÁNS E CIDADÁS DE SEGUNDA e que merecemos unha SANIDADE DIGNA, DE PROXIMIDADE E DE CALIDADE.

A manifestación está convocada por SOS SANIDADE PÚBLICA, (Plataforma na que estamos integradas), e nós como integrantes dela participaremos activamente e apoiarémola.

Decir tamén que haberá autobuses gratuitos para todas e todos [email protected] que queiran acudir.Só hai que anotarse nos teléfonos 982 58 18 61 / 982 14 06 54 / 667 05 20 58, con data límite para apuntarse o 1 de febreiro.

Desde a Plataforma Sanitaria queremos facer tamén un chamamento a Alcaldesas e Alcaldes da comarca para que amosen o seu apoio a esta manifestación e pedirlles a súa colaboración na mobilización [email protected] veciñ@s da Mariña e mesmo facilitarlles o transporte ate Compostela sufragando autobuses, gasto que para os Concellos non é significativo .

Por último facemos tamén un chamamento desde a Plataforma á  MOBILIZACIÓN DE TODA A VECIÑANZA DA NOSA COMARCA ,porque o que nos xogamos é algo tan vital como a nosa sanidade, que é de todas e de todos

MOITAS GRAZAS e ahora se queredes podedes facer as preguntas que consideredes.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.