Ribadeo opta co litoral das Catedrais a ser un dos lugares de interés xeolóxico mundial

Ribadeo opta co litoral das Catedrais a ser un dos lugares de interés xeolóxico.

Preséntao como candidato a formar parte da prestixiosa lista do «Global Geosites»

  1. C.D. GAYOSOribadeo / la voz, 12 de febrero de 2016. Actualizado a las 05:00 h. PEPA LOSADA

Ribadeo presenta o litoral de As Catedrais-Os Castros como candidato a formar parte da prestixiosa listaxe «Global Geosites». Queren que sexa considerado como un dos lugares de interés xeolóxico no mundo.

Trátase dun importante inventario de lugares de interese xeolóxico da Unión Internacional das Ciencias Xeolóxicas e a Unesco. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, subliña que «estar nese inventario dará unha valiosa publicidade á nosa costa, o que aumentará o número de visitantes ao concello, ademais de axudar a concienciar á sociedade da importancia de preservar o medio ambiente». Tamén destacaba o traballo realizado polo concello coas xeorutas nos últimos meses.

A edil nacionalista sinalou que «as formacións xeolóxicas da praia de As Catedrais levan décadas atraendo a visitantes de todos os recantos do mundo. Pero non é o único espazo con interese xeomorfolóxico do litoral de Ribadeo. «Conscientes disto desde o Concello levamos apostando por dar a coñecer e valorizar dun xeito sostible este patrimonio natural. Un reflexo bastante importante o temos no proxecto das xeorutas que, xunto coa Universidade de Santiago e co apoio da Deputación de Lugo, deu lugar o ano pasado á formación de vinte guías medio ambientais do noso concello e despois acabou co seu punto álxido coas xeorutas que se realizaron este verán na praia das Catedrais e tamén en Rinlo».