Reyes Magos 2022

👑👑 OS REIS MAGOS DE ORIENTE CHEGARÁN A BARREIROS O MÉRCORES 5
✔️O Concello de Barreiros xa está ultimando os preparativos para recibir as Súas Maxestades de Oriente o mércores 5 de xaneiro de 19:00 a 20:30 h. na Praza do Concello sempre e cando o tempo o permita. No caso de inclemencias meteorolóxicas a recepción farase no pavillón municipal anunciando con antelación o cambio de ubicación por este mesmo medio.
📫INSTALADO O BUZÓN REAL NO CONCELLO DE BARREIROS
📨Mentres non chega o día, os e as máis impacientes poden achegarse á Casa do Concello a depositar as súas peticións onde xa se atopa instalado o Buzón Real.
O buzón quedará dentro do Concello cando este se atope pechado para resgardalo do tempo.
👧👦Tamén, a cativada que queira, pode descargar a carta “oficial” para dirixirse os Reis Magos de Oriente desde a seguinte ligazón.
🖨Para quen non a poida imprimir, haberá copias dispoñibles no rexistro do Concello en horario de 8:30 a 14:30h.

Puede ser una imagen de 1 persona