Punto Limpio de Barreiros

La imagen puede contener: exterior, texto que dice "Cita previa no telf. 982.124.002 MORARIO 44 CONCELLO DE BARREIROS PUNTO LIMPO"

El Ayuntamiento de Barreiros cuenta con un sistema de recogida selectiva con el fin de recuperar y valorizar los residuos a los que, por su condición, es necesario dar una gestión diferenciada.

El Punto Limpio está situado en la Carretera Insua, Km. 3 (subida a Penabor) – Barreiros.

En él se pueden depositar los que se conocen como residuos domiciliarios, es decir: plásticos, muebles, cristales de ventanas, electrodomésticos… Pero también residuos peligrosos como: envases de productos fitosanitarios, aceites minerales (motor), filtros de aceite, pilas, baterías, fluorescentes, etc.

Servicio de recogida a domicilio:

El Ayuntamiento dispone de un servicio para la recogida a domicilio de muebles y residuos. Se puede solicitar en el teléfono 982 124 002 (de 09:00 a 15:00 horas).

Situación del Punto Limpio de Barreiros:barra

La imagen puede contener: 1 persona, de pie y exterior

BARREIROS PON EN MARCHA O PUNTO LIMPO MÓBIL QUE ESTARÁ EN VILAMARTÍN PEQUENO ATA O VINDEIRO XOVES.

O vehículo desprazarase cada xoves, salvo que coincidan en días non laborables, e ubicarase nun punto ata o xoves da semana seguinte.

Barreiros, 16 de xaneiro de 2020. O Concello de Barreiros vén de poñer en marcha o servizo de punto limpo móbil, que percorrerá todas as parroquias e distintos lugares do concello para facilitar a reciclaxe de pequenos residuos domésticos a toda a veciñanza.

O percorrido deste vehículo comeza hoxe mesmo, instalándose na pista da festa de Vilamartín Pequeno; onde permanecerá ata o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, cando se desprazará ata Vilamartín Grande.

A alcaldesa, Ana Ermida, xunto con parte do equipo de goberno, desprazouse ata Vilamartín para explicarlle á veciñanza o funcionamento do punto limpo móbil, e facilitando material informativo e bolsas reutilizables para fomentar a redución de residuos.

Despois de visitar os dous Vilamartíns, o vehículo colocarase o día 30 de xaneiro en Gondán.

O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explica que con este servizo “preténdese facilitar a correcta reciclaxe de residuos domésticos, achegando un lugar onde desfacerse deles de xeito correcto sen necesidade de achegarse ata o punto limpo que, lembra, segue abrindo os luns e xoves de 9 a 13 horas e séguese prestando o servizo de recollida de enseres voluminosos a domicilio, previa solicitude no propio concello.”

Desde o goberno municipal elaboraron un percorrido no que de xoves en xoves o vehículo desprazarase polos distintos lugares, con unha permanencia dunha semana, de xeito que periodicamente repetirá os lugares previstos.

O punto limpo móbil, adquirido con unha subvención da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comeza así un recorrido desde a zona interior do concello por todo o concello que ata xuño se realizará do seguinte xeito, concretando os lugares específicos mensualmente:

  • 100.- Do 16/01 ao 23/01: Vilamartín Pequeno
  • 101.-Do 23/01 ao 30/01: Vilamartín Grande
  • 102.- Do 30/01 ao 06/02: Gondán
  • 103.- Do 06/02 ao 13/02: Cabarcos
  • 104.- Do 13/02 ao 20/02: Vilamar
  • 105.- Do 20/02 ao 27/02: San Xusto
  • 106.- Do 27/02 ao 05/03: Morteiro/Val do Caínzo/Ibia
  • 107.- Do 05/03 ao 12/03: A Rilleira
  • 108.- Do 12/03 ao 18/03: Reinante
  • 109.- Do 18/03 ao 26/03: San Miguel
  • 110.- Do 26/03 ao 02/04: A Barranca
  • 111.- Do 02/04 ao 08/04: Sarxendez
  • 112.- Do 08/04 ao 16/04: O Canteiro (Benquerencia)
  • 113.- Do 16/04 ao 23/04: Suigrexa (Benquerencia)
  • 114.- Do 23/04 ao 30/04: Agolada (Benquerencia)
  • 115.- Do 30/04 ao 07/05: Barrionuevo (Benquerencia)
  • 116.- Do 07/05 ao 14/05: Remior
  • 117.- Do 14/05 ao 21/05: Vilar
  • 118.- Do 21/05 ao 28/05: San Cosme
  • 119.- Do 28/05 ao 04/06: Celeirobarra
    28 de Mayo de 2020, último dia da primeira volta

    🅿️♻️ O #PuntoLimpoMóbil atópase estes días situado en Celeiro de Mariñaos no aparcadoiro do Bar Lozano.

    ➡️ Aquí finaliza esta primeira volta do percorrido con un balance moi positivo grazas a o bo facer da maioría da veciñanza. 👏👏👏

    👥 Entre todas e todos trataremos de continuar mellorando o servizo con novas accións de sensibilización ambiental.

    🚛 A vindeira semana iniciase de novo o percorrido en Vilamartín Pequeno.

Noticias de Barreiros