Protección Civil de Barreiros cuenta con un nuevo vehículo

VehiculoNuevo
O CONCELLO DE BARREIROS MELLORARÁ OS SERVIZOS QUE LLE PRESTA AOS VECIÑOS E VECIÑAS CO NOVO VEHÍCULO CO QUE CONTA PROTECCIÓN CIVIL.
Barreiros, 21 de outubro de 2015. O Concello conta cun novo vehículo para Protección Civil. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, agradécelle á Vicepresidencia da Xunta a súa colaboración.
O rexedor viaxou onte ata a localidade de A Estrada para recoller este novo coche que “nos permitirá mellorar os servizos que lles prestamos aos veciños e ás veciñas de Barreiros, así como ir renovando o noso equipamento pouco a pouco”.
Hoxe o alcalde, Alfonso Fuente, amosoulle a novo vehículo á secretaria da asociación de voluntarios de Protección Civil de Barreiros.