Prohíbse temporalmente o rego de xardíns

O CONCELLO PROHIBE TEMPORALMENTE REGAR XARDÍNS PRIVADOS PARA RACIONALIZAR O CONSUMO DE AUGA, DEBIDO Á SECA QUE ESTAMOS A SUFRIR.

Barreiros, 9 de xuño de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, fixo público hoxe un bando para prohibir temporalmente o rego en xardíns privados. Forma parte das medidas para racionalizar o consumo de auga, debido á seca que estamos a sufrir.

O rexedor municipal explicou: “hoxe recibimos no Concello unha carta do Ministerio de Medio Ambiente na que, dada a seca que estamos a sufrir en todo España, solicita que impulsemos medidas de aforro e racionalización en canto ao consumo de auga, pedindo sobre todo que non reguemos xardíns municipais, que non se laven as rúas e todo este tipo de actuacións para impulsar o aforro de auga. E nós unha medida que vimos tomando todos os veráns e que sacábamos en torno a mediados de xullo era privar de regar os xardíns privados. E nesa liña hoxe publicamos un bando impedindo temporalmente o rego en xardíns privados”.

Alfonso Fuente pide “sentido común aos veciños e veciñas para que o apliquen e que vexan a necesidade que hai de algo tan elemental como a auga. Non é un problema de infraestruturas neste momento senón que é por unha seca xeral como consecuencia da cal o caudal dos ríos e os encoros están moi baixos. Polo tanto eu creo que debemos impulsar xa, sen esperar a máis adiante, esas medidas de aforro e racionalización do consumo da auga”.

No hay texto alternativo automático disponible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *