PROGRAMA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO 

venres, 26 Febreiro, 2016 – 14:13

Estes días o Concello de Barreiros está a enviar os domicilios das parroquias que entran dentro do ámbito territorial beneficiario destas axudas, unha carta informativa xunto con un folleto “Vivendas do Camiño. Programa de rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago”, editado pola Xunta de Galicia para resumir e aclarar a orde de 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago (DOG 28-12-2015).

Ante calquera outra dúbida que puidera xurdir ao respecto, poden dirixirse tanto aos Servizos Técnicos Municipais como á oficina de Xestur en Lugo cuxo teléfono e enderezo electónico figuran na derradeira páxina do folleto-

Ficheiros:

FOLLETO – Vivendas do Camiño