Preto dunha treintena de persoas participaron hai uns días no Roteiro do Masma

120515 Foto roteiro MasmaPreto dunha treintena de persoas participaron hai uns días no Roteiro do Masma, que organizou o Concello de Barreiros. Os asistentes percorreron 12 quilómetros, os que separan Porto Chico, en Foz, da praia de Anguieira, en Barreiros. Durante o roteiro puideron contemplar unha fauna e unha flora de grande beleza. A actividade foi un éxito, segundo o Concello.