Presentado o terceiro goberno do bipartito na Deputación

barraDescarga do arquivo

barraCampos e Veiga presentaron “o terceiro goberno de progreso da Deputación que ratificaron os lucenses o 24M”

– O Presidente adiantou a consecución de novos fondos da UE, a posta en marcha do Centro de Recría e das residencias e centros de día públicos, medidas para colaborar cos Concellos na xestión de residuos e un plan integral de promoción turística

– O Vicepresidente subliñou que “traballaremos para que esta sexa unha Deputación ao servizo dos Concellos, que non teñen cor política porque son do conxunto dos veciños. Imos facer o que non está a facer a Xunta de Galicia na nosa provincia”

O Presidente, Darío Campos Conde, e oVicepresidente, Antonio Veiga Outeiro, presentaron este luns “o terceirogoberno de progreso da Deputación de Lugo, o que ratificaron os lucenses opasado 24 de maio, dando o seu apoio maioritario a PSOE e BNG para continuarcoas políticas de esquerdas na provincia, que socialistas e nacionalistaspuxemos en marcha hai 8 anos”, subliñou o Presidente. “Hoxe recuperamos anormalidade democrática nesta institución e poñemos en marcha un acordo que xaestá a funcionar, con éxito, noutras dúas Deputacións galegas”, salientou oVicepresidente.

“Para cumprir coa vontade dos lucenses o 24M,reestruturamos a Deputación en 8 áreas provinciais”, explicou Campos Conde.Estas son as seguintes:

1.- Área de Promoción Económica e Social. Dende este departamento, levaranse a cabo políticas en impulso doemprego e do benestar social, que combatan o despoboamento demográfico quesofre a provincia. “Será un dos departamentos máis relevantes, pois dende estaárea continuaremos impulsando novos plans de emprego e máis servizos sociais,cando nos últimos 8 anos fomos capaces de incrementar nun 90% os investimentospara servizos sociais; e de multiplicar por 370 os fondos para crear postos detraballo na provincia, con programacións como o Ben Empregado, o PactoProvincial polo Emprego ou o Fórmate en Verde, entre outras, das quese beneficiaron milleiros de desempregados lucenses”, subliñou o Presidente.

“Todo este traballo pasa, indubidablemente, polamáxima cooperación cos 67 Concellos da provincia, xa que a creación de emprego,cando preto de 23.000 lucenses están no paro -un 60% máis que no 2009-, e oservizos sociais, cando Lugo é, xunto con Ourense, a provincia galega coapoboación máis envellecida, son as máximas prioridades dos lucenses. Así nolofixeron saber durante a elaboración dos Orzamentos Participativos para 2015”.

Deste xeito, Álvaro Santo Ramos, que foiDeputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos no anterior mandato, dirixiráá Área de Promoción Económica e Social. Colaborarán con el, os Deputados provinciaisPablo Rivera e María Loureiro, que estarán á fronte das dúas delegaciónsespecíficas nas que se divide esta área:

Innovación, Tics, Participación Cidadá e Transparencia.Estará ao cargo de Pablo Rivera Capón, que nos últimos anos foi oresponsable do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación. “Dende estedepartamento, seguiremos impulsando as novas tecnoloxías na provincia para quetodos os lucenses, principalmente os nosos maiores, teñan acceso ás mesmas ecoñezan as súas vantaxes co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida. Taménseguiremos fomentando a participación cidadá e a transparencia na xestiónprovincial. O noso obxectivo é que a Deputación de Lugo continúe sendo unha dasinstitucións máis transparentes de España. Así o conseguimos facer nos pasadosanos, facendo que a Deputación de Lugo deixase de ser, tal e como dixo oValedor do Pobo no 2006, unha institución “hostil” e “entorpecedora”, a ser a sextamáis transparente no Estado”, remarcou Campos Conde.

Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade.Estará dirixida por María Loureiro, “a primeira Alcaldesa electa deViveiro. Con 34 anos, o traballo de María supuxo que o pasado 24M o PSOE conseguisemáis Concelleiros e votos que nunca. Ademais, é unha persoa moi próxima aoscidadáns e con moitas iniciativas e novas ideas para os máis novos, tal e comoo está a demostrar en Viveiro”, apuntou o Presidente.

2.- Área de XestiónTerritorial. Neste departamento, inclúese Vías e Obras e o ParqueMóbil, sendo a primeira vez que se coordinan en conxunto e facendo que estaárea sexa unha das de maior orzamento e persoal da Deputación. Estará dirixidapor Argelio Fernández Queipo, “unha persoa moi sensibilizada coanecesidade de mellorar o conxunto das estradas nos 67 Concellos da provinciapara garantir a igualdade de oportunidades aos lucenses con independencia deonde vivan. E estao porque, como Alcalde da Fonsagrada, é un gran coñecedor dasnecesidades en materia de infraestruturas na provincia, pois a Montaña luguesafoi a gran esquecida durante 24 anos do Goberno do PP”.

3.- Área de Goberno Interior,Asuntos Xerais e Formación. Repite ao frontedeste departamento Miguel Ángel Sotuela. “Faino porque no último mandatofixo un excelente traballo, conseguindo en todas as ocasións acordosmaioritarios cos representantes sindicais do organismo provincial”.

4.- Área de Economía,Recadación, Facenda e Especial de Contas. Aresponsable é Pilar García Porto. “Coñece perfectamente estedepartamento que dirixiu nos últimos 4 anos, conseguindo moi bos resultados edesenvolvendo grandes proxectos. Por exemplo, os Primeiros OrzamentosParticipativos dunha Deputación en España e que tivo a de Lugo no 2015; situara débeda financeira da institución nos cero euros ou converter á de Lugo naDeputación galega que máis rápido paga as súas facturas. Dende estedepartamento, faremos que a de Lugo volte a ser a Deputación galega que máisrápido paga despois de que o Goberno de Candia a situase á cola ao acumularfacturas de 3 millóns de euros; e instauraremos de novo os PresupostosParticipativos logo de que Candia llos negase aos veciños neste 2016”, adiantouCampos.

5.- Área de Medio Rural, do Mar e do Medio Ambiente. Levará este departamento o Lino Rodríguez, “unha persoa quedurante máis de 30 anos traballou no sector primario, coñecendo polo tanto de primeiraman as necesidades deste sector. Tendo en conta a magnitude deste departamento,que se encargará das políticas en impulso dun dos piares da nosa economía, comoo é o sector da gandería, agricultura e da pesca”, explicou o Presidente, estaárea tamén conta cunha delegación específica.

Medio Ambiente. Ao seu fronte estará Sonsoles LópezIzquierdo, que xa a dirixiu no anterior mandato, conseguindo, por exemplo, arenovación da declaración de Reserva da Biosfera por parte da UNESCO paraTerras do Miño e Os Ancares Lucenses.

“Dende esta área, poremos en marcha o Centro deRecría e continuaremos impulsando pioneiras programacións en impulso da pesca edo sector agrogandeiro. Ademais, potenciaremos medidas coas que colaborar cosConcellos na recollida e no tratamento dos residuos, así como no aforroenerxético”, adiantou Campos.

6.- Área de Promoción do Territorio e Turismo. Estará dirixida polo Deputado provincial Eduardo Vidal Baamonde,“que se encargará dun importante traballo, pois queremos poñer en marcha unpionerio plan de promoción turística que englobe a toda a provincia para dar acoñecer as potencialidades dos 67 Concellos”.

Áreas deVicepresidencia

8.- Área de Deportes e Cooperación e Asistencia aosConcellos. Estará á fronte de Antonio Veiga Outeiro. OVicepresidente destacou que “traballaremos para que esta sexa unha Deputaciónao servizo dos Concellos. Os municipios non teñen cor política porque sondo conxunto das veciñas e veciños de Lugo. Na área de Deportes, afondaremos entodo o que se ven facendo dende o ano 2011, apostando polo deporte base detodas as modalidades deportivas, e impulsando a aqueles clubes e deportistasque foron desatendidos por outros gobernos”. Nos últimos 8 anos, a de Lugo converteusena Deputación que máis inviste en deporte de todo o Estado. “A normalizaciónlingüística ten que ser unha área central e transversal. Imos facer o que nonestá a facer a Xunta: defender e promocionar a nosa lingua”, apuntou Veiga.

8.- Área de Cultura, Patrimonio Histórico,Normalización Lingüística, Artesanía e Deseño. Xosé Ferreiro Fernández dirixirá estedepartamento, no que se inclúen o CENTRAD e a rede museística. O Vicepresidentesubliñou que “refrendararemos as liñas de traballo que foron postas en marchadende o ano 2011, impulsando programas como Musiqueando, Buxiganga, CulturaAberta, e tamén se manterán os programas de axudas para colectivos e Concellos.Veiga indicou que se reforzará o traballo feito na rede museística e no MuseoProvincial porque “son centros de cultura situados nas tres Comarcas daprovincia”. Ademais, os nacionalistas incorporan entre as súas responsabilidadesde goberno o Centro de Artesanía e Deseño que “se abrirá para dar apoio áspersoas que realmente están a traballar na artesanía”.

Fondos europeos

O Presidente avanzou que “para o impulso destasáreas, xa estamos a traballar na consecución de novos fondos da Unión Europea. Nospasados anos, fomos capaces de captar preto de 40 millóns comunitarios, quefixeron posible a execución de grandes programacións en materia de emprego,medio ambiente ou novas tecnoloxías”.

Centros para maiores “si ou si”

Campos remarcou que “dende Suplusa, que depende dePresidencia, continuaremos coa posta en marcha da rede pública de residencia ecentros de día na provincia. Un macroproxecto que, polo de agora, está aexecutar a Deputación en solitario, pois a Xunta de Galicia rexeitou colaborare concertar prazas públicas, que si dá a centros privados. Os centros demaiores públicos da Deputación serán unha realidade si ou si, pois sondotacións sociais fundamentais para o benestar social dos nosos maiores, os queviven en pequenos Concellos, e para crear emprego, dinamizando a economía locale facendo fronte ao despoboamento demográfico no rural”.

Xunta de Goberno evoceiros provinciais

Cumprindo rigorosamente a legalidade vixente, édicir, o Real Decreto 2568/1986 do Reglamento de Organización, Funcionamento eRéxime Xurídico das Entidades Locais; a Lei Reguladora de Bases de RéximeLocal; a Lei da Administración Local de Galicia e

e o propio Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo, os membros daXunta de Goberno Provincial son: Darío Campos Conde, Antonio Veiga Outeiro, ÁlvaroSantos Ramos, Argelio Fernández Queipo, Miguel Ángel Sotuela Vega, Pilar GarcíaPorto, Lino Rodríguez Ónega, Eduardo Vidal Baamonde e Xosé Ferreiro Fernández.Os voceiros provinciais son polo PSOE Álvaro Santos Ramos e polo BNG XoséFerreiro Fernández.

– See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=28527&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codMenu=83&level=1#sthash.OsbAJucv.dpuf