PRESENTADA NO CONCELLO BARREIRENSE A FESTA DE PAPÁ NOEL

PRESENTADA NO CONCELLO BARREIRENSE A FESTA DE PAPÁ NOEL, QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO SÁBADO, E NA QUE SE FARÁ UNHA RECOLLIDA PARA O BANCO DE ALIMENTOS. ALFONSO FUENTE SUBLIÑA QUE SE PRECISAN PRODUTOS PARA O ASEO PERSOAL, PAÑALES E LEITE.

Barreiros, 20 de decembro de 2017. Esta mañá presentouse no Concello a Festa de Papá Noel que se celebrará este sábado, 23 de decembro, no pavillón de San Cosme. Xunto ao alcalde, Alfonso Fuente, estiveron o primeiro tenente de alcalde e a traballadora social do Concello.

O rexedor fixo unha chamada á colaboración das veciñas e dos veciños de Barreiros xa que ese día se fará unha recollida para o Banco de Alimentos. Alfonso Fuente Parga declarou esta mañá que “todo o que se poida traer será benvido, pero o que necesitamos son produtos para o aseo persoal, pañales e leite. Iso é o que mais precisamos”.

A festa de Papá Noel, a festa de animación infantil, desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas.

Os nenos e nenas poderán participar en obradoiros, atraccións… Tamén gozarán dunha chocolatada e de gominolas. E haberá ambientación musical.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *