PRESENTACIÓN DO PROGRAMA FORMATIVO ‘AULA MENTOR BARREIROS’

🔔🔔🔔PRESENTACIÓN DO PROGRAMA FORMATIVO ‘AULA MENTOR BARREIROS’
🤝 No día de onte tivo lugar a presentación da Aula Mentor de Barreiros. Un proxecto acadado mediante o convenio que o Concello de Barreiros subscribiu co Ministerio de Educación y Formación Profesional para o desenvolvemento de formación aberta denominado #AulaMentor.
➕ Grazas a este convenio, o Concello de Barreiros oferta á veciñanza adulta máis recursos educativos para mellorar a empregabilidade fomentando a igualdade de oportunidades a través do amplo catálogo de cursos online do que dispón Aula Mentor.
💻 A formación Mentor é toda formación online pero que conta cun espazo físico, que neste caso será a 📍#AulaCeMIT que está ubicada no teleclub de San Cosme. Nela poderase atopar todos os medios necesarios para levar a cabo a formación, así como asistencia ao alumnado nos procesos de matrícula, xestión do curso e a organización das probas de avaliación, que neste caso, si son presenciais.
🗣 A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, agradece a visita da subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, que no día de onte se achegou a Barreiros para coñecer de primeira man a posta en marcha da Aula Mentor Barreiros.
Para información sobre como matriculase a través da Aula Mentor de Barreiros podedes acceder a seguinte ligazón 👇https://www.concellodebarreiros.gal/…/aula-mentor…
🌐 E para máis información sobre o proxecto Aulas Mentor podedes acceder a www.aulamentor.es
0
Personas alcanzadas
0
Interacciones
Puntuación de distribución
Promocionar una publicación
Me gusta

 

Comentar
Compartir