PRESENTACION DA IV CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA MAR

IMG_6654PRESENTACION  DA IV CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA MAR

O día 18-08-16, as 18:00 h. tiña lugar na Praia de Fontela en Benquerencia – Barreiros, a presentación oficial da IV edición da Carreira Popular Benquerencia Terra Mar, que terá lugar o vindeiro 04-09-2016, a partir das 11:00 h. e o que acudían entre outras autoridades  o Excmo. Alcalde do Concello de Barreiros Sr. Alfonso Fuente, O Xefe Provincial de Deportes Manuel Otero,  o presidente do Centro de Instrucción Y Recreo de Benquerencia (organizador da carreira) José Otero, así como varios representantes de entidades colaboradoras, como Coca Cola, Aceites Abril, Ig10, Banco Mediolanum, Erosky Center Barreiros, Protección Civil de Barreiros, Escola de Srurf North Shore, Club Praias de Barreiros e asociación Vea entre outros.

A carreira que sairá con un percorrido polo polo pobo de Benquerencia, para pasar pola Praia de Balea e percorrer 300.- ms pola veira auga, ten prevista una inscripción de uns 400.- corredores que van dende as categoría de Pitufos, ata a de Veteranos.

A inscripción que xa está aberta, remata o vindeiro 01-09-16,  pódese facer a través  da páxina da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com ou da propia páxina da organización  www.benquerenciaterramar.jimdo.com  (a través dos seos enlaces), e para as categorías inferiores, tamén dende as oficinas do propio Concello de Barreiros.

Chama a atención o feito de que se están a recibir numerosas chamadas por parte de distintos corredores, preguntando para confirmar, si o corredor IVAN RAÑA (Unha vez campión do mundo, Duas soubcampión do mundo, e Duas veces campión de Europa) é o corredor que aparece xa apuntado nas listas da carreira, sendo este feito totalmente certo, xa que de non aparecer impedimento algún de última hora, por parte dos seos patrocinadores,  IVAN  RAÑA correrá na IV edición da Benquerencia Terra Mar.

Neste acto de presentación  fíxose mención o feito da importancia que a carreira está a tomar, tendo  actualmente inscritos clubes de outras comunidades, o cal está a facer de esta proba xa un referente do Atletismo.

Así mesmo o Sr. Alcalde agracedía a importante labor que está a facer a Directiva do C.I.R. de Benquerecia para a sua organización, así como a axuda que está a recibir de entidades particulares, asociación deportivas e de voluntariados do Concello.

Por último o Presidente do C.I.R. de Benquerencia animou a todos aqueles que desexen participar, que se inscriban o antes posible, para poder ter as previsións o mais aproximadas posible, cara a una mellor organización.