Praias de Barreiros. Unha final polo ascenso

O próximo sábado 28 de febreiro o Praias de Barreiros viaxará a Sarria para enfrontarse á Peña Españolista. Un partido que pode ser decisivo na loita polo ascenso á Liga Autonómica de Fútbol Sala.

Trala victoria conseguida a pasada fin de semana en Barreiros ante o Talleres Vilaboa (7-1) o conxunto barreirense visitará a cancha do segundo clasificado. Un hipotético triunfo ante a Peña Españolista de Sarria deixaría ós mariñáns cunha vantaxe de 15 puntos, unha distancia que resultaría decisiva na loita polo primeiro posto da Liga Provincial Masculina de Lugo, e en consecuencia, polo o ascenso de categoría.

O Praias de Barreiros ocupa a primeira posición da táboa con 39 puntos, contando os 13 partidos disputados como victorias. A Peña Españolista de Sarria é segunda con 27 puntos (9 victorias e 4 derrotas). Se a estas circunstancias lle sumamos que o conxunto barreirense lle quedarían dous enfrontamentos ante o Riberas do Neira (que está fora da competición) e que se resolverán por 3 goles a 0, fai que unha hipotética victoria do Praias de Barreiros resulte decisiva no devir da competición.

Nesta situación, o Praias de Barreiros atópase ante o seu primeiro “match ball” para acadar o título ligueiro e o consecuente ascenso de categoría.