Por segunda vez desde o domingo, onte pola tarde atopamos rotos os enganches dos candados que pechan os baños públicos da praia de Arealonga

 Por segunda vez desde o domingo, onte pola tarde atopamos rotos os enganches dos candados que pechan os baños públicos da praia de Arealonga.
⭕️ Estas actuacións, ademais de supor un custo para o Concello, supoñen unha irresponsabilidade ao deixar abertas unhas instalacións que non contan coas garantías sanitarias esixidas nestes momentos.
ℹ️ Lembramos que as autoridades sanitarias prohiben o uso de algúns espazos públicos de uso comúns, como os baños e vestiarios de instalacións deportivas por exemplo. E noutros casos, para permitir o seu uso, é preciso contar con medidas estrictas de limpeza e hixiene para tratar de evitar contaxios.
 O Concello de Barreiros naquelas instalacións que non poida manter ditas condicións, non poderá autorizar o seu uso público, pois estaríase a actuar dun xeito irresponsable de cara á poboación.
🤝 É o momento de ter comprensión e poñer do noso lado para sair adiante.

La imagen puede contener: interior
No hay ninguna descripción de la foto disponible.