Playa da Anguieira

Puede ser una imagen de al aire libre y texto que dice "GALIZA NOM E ESPANHA"

O PP de Barreiros lamenta que “a estas alturas do verán aínda non estea acondicionada a área recreativa da Anguieira”

Os populares urxen ao goberno local levar a cabo “canto antes” as tarefas de “roza e limpeza da zona”

Barreiros, 11 de xullo de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, lamenta que “a estas alturas do verán aínda non estea acondicionada a área recreativa da Anguieira” e, polo tanto, urxe á alcaldesa e ao goberno local nacionalista a xestionar canto antes as tarefas de roza e limpeza desta zona.

“Despois dunha fin de semana na que aproveitando o bo tempo, moita xente visitou os areais de Barreiros, esta área recreativa continúa aínda sen rozar e en malas condicións. A herba está moi alta e imposibilita o esparexemento dos veciños e visitantes”. Así, o popular condena “a total falta de interese do goberno local por xestionar a limpeza destes espazos públicos”.

Gómez Puente explica que se trata dunha área “concorrida por moitos veciños e familias con nenos que acoden á praia da Anguieira aproveitando a súa tipoloxía; xa que se trata dunha praia de ría, sen olas, moi tranquila e resgardada do vento do norte”.

Pintadas
O Grupo Municipal Popular convida tamén á alcaldesa a xestionar a limpeza das pintadas existentes no inmoble que alberga os aseos desta área recreativa.

Os populares rexeitan as pintadas nas construcións ou espazos públicos debido ao seu “impacto estético” e tamén porque supón un gasto extraordinario para as administracións levar a cabo as actuacións necesarias para repoñer o seu estado. Sinalan, ademais, que “neste caso, algunhas delas conteñen unha mensaxe independentista que non representa o pensamento de tódolos veciños de Barreiros” e que “cremos que tampouco favorece a atracción de turistas”.