Plan maior de seguridade

Dende o Concello de Barreiros continuamos coa organización de actividades para todos os públicos.
1️⃣Para o domingo 18 de outubro “Aquelando as Nosas Letras”
➡️A Run Run presenta esta actividade infantil onde se conta unha divertida historia na que, dúas traballadoras do museo do Pobo Galego fan un percorrido pola nosa literatura e a través da obra de Carvalho Calero.
📍Centro sociocultural de San Cosme ás 12:00 horas.
✍️Inscrición previa na Biblioteca ou no telf. 982124106 de luns a venres e de 9:30 a 14:30 horas.
💫Actividade enmarcada dentro do programa cultural do Concello de Barreiros “Mes das letras 2020” e no programa “ler conta moito” da Xunta de Galcia.
2️⃣O xoves 22 de outubro “Plan maior de seguridade”
➡️O departamento de servizos sociais, en colaboración coa Garda Civil, organiza unha charla sobre prevención e mellora da seguridade dos/as nosos/as maiores.
📍Centro social de San Xusto (Campo da festa) ás 17:00 horas.
✍️Inscrición previa no Dpto. de Servizos Sociais ou no telf. 982317143 en horario de 10:00 a 14:00 horas.